Saltar ao contido

Juan Álvarez Mendizábal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Álvarez Mendizábal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan de Dios Álvarez Méndez Editar o valor en Wikidata
25 de febreiro de 1790 Editar o valor en Wikidata
Chiclana de la Frontera Editar o valor en Wikidata
Morte3 de novembro de 1853 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor en Wikidata
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
8 de xaneiro de 1847 – 4 de agosto de 1850
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Ministro de Facenda
19 de maio de 1843 – 30 de xullo de 1843
 Mateo Miguel Ayllón Alonso (en) TraducirMateo Miguel Ayllón Alonso (en) Traducir 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
2 de abril de 1841 – 3 de xaneiro de 1843
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
23 de marzo de 1841 – 2 de abril de 1841 – Francisco Javier Rodríguez Vera (en) Traducir 
Circunscrición electoral: Albacete
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
29 de marzo de 1840 – 11 de outubro de 1840
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
8 de setembro de 1839 – 18 de novembro de 1839
Circunscrición electoral: Murcia
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
13 de febreiro de 1838 – 8 de setembro de 1839
Circunscrición electoral: Madrid
Ministro de Facenda
11 de setembro de 1836 – 18 de agosto de 1837
 Joaquín María Ferrer CafrangaPío Pita Pizarro (pt) Traducir 
Deputado a Cortes no reinado de Isabel II
20 de marzo de 1836 – 23 de maio de 1836
Circunscrición electoral: Cádiz
Ministro de Estado de España
4 de outubro de 1835 – 27 de abril de 1836
 Miguel Ricardo de ÁlavaIldefonso Díez de Rivera 
Presidente do Consello de Ministros
25 de setembro de 1835 – 15 de maio de 1836
 Miguel Ricardo de ÁlavaFrancisco Javier de Istúriz 
Ministro de Facenda
13 de xuño de 1835 – 15 de maio de 1836
 José María Queipo de LlanoJosé Ventura de Aguirre Solarte (en) Traducir  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, economista, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progresista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoGuerra da Independencia Española Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1835-1837desamortización de Mendizábal Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1306398 Arquivo Histórico de Deputados: 5260

Juan de Dios Álvarez Mendizábal, nado en Cádiz o 25 de febreiro de 1790 cos apelidos de Álvarez Méndez e finado en Madrid o 23 de novembro de 1853, foi un político e economista español, famoso por levar adiante o proceso de desamortización en 1836.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun comerciante, aprendeu idiomas modernos e recibiu formación comercial no negocio paterno. Durante a Guerra da Independencia serviu no exército, e foi capturado en varias ocasións, conseguindo fuxir en todas. O 21 de febreiro de 1812, casou con Teresa Alfaro, e dende ese momento, mudou o seu apelido, de Méndez a Mendizábal, para ocultar a súa orixe xudía.

Entrou en contacto con Vicente Beltrán de Lis, do que aceptou un emprego, converténdose ao paso dos meses no seu socio. Nomeado Comisario de Guerra en 1817. Dende 1819 encárgase das subministracións do exército de Andalucía, o que lle permite prosperar e ponlle en contacto cos revolucionarios liberais, converténdose nun deles. Foi masón do "Taller sublime" de Cádiz xunto con Francisco Istúriz e Antonio Alcalá Galiano. Adiantou diñeiro (que se lle fixo pagar) para a conspiración de Rafael del Riego e uniuse á súa tropa do 27 de xaneiro até o 4 de marzo de 1820. Durante a marcha das Cortes de Cádiz en 1823, Mendizábal organizou o traslado. O 30 de setembro dese mesmo ano, fuxiu a Xibraltar, condenado a morte por Fernando VII, marchou a Londres onde ingresou no cárcere por débedas, logrou saír a flote negociando a venda de viños españois. En Londres consolidou unha rede de amigos e socios que no futuro lle resultarían útiles. Os negocios de viño levárono a Francia entre 1828 e 1830.

Interveu na financiamento da Expedición de Vera en 1830 de acordo con Ardouin e outros financeiros. Despois participou na financiamento e na organización da Guerra Civil portuguesa, no bando liberal. Financiou a forza militar en Bélxica. En 1834 o conde de Toreno invitouno a volver a España e foi nomeado Ministro de Facenda o 15 de xuño de 1835, acadando o posto de Presidente do Consello de Ministros o 25 de setembro.

O partido mendizabalino non era popular, a pesar da fama que lle deron os decretos desamortizadores do 19 de febreiro e 8 de marzo de 1836, a chamada Desamortización de Mendizábal, que pasou as propiedades improdutivas e en poder da igrexa ás ordes relixiosas, non ás mans do pobo, como era a intención de Mendizábal, senón ás mans da oligarquía. Mendizábal non xestionou o proxecto, pois Miaría Cristina de Borbón retirouno do cargo o 15 de maio de 1836, aínda que volvería a ser Ministro de Facenda con José María Calatrava despois da Revolución de 1836.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pan-Montojo, Juan (2000). "Juan Álvarez y Mendizábal (1790-1853). El burgués revolucionario". En Burdiel, Isabel; Pérez Ledesma, Manuel. Liberales, agitadores y conspiradores. Biografías heterodoxas del siglo XIX. Madrid: Espasa Calpe. ISBN 84-239-6048-X. OCLC 45619844. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Miguel Ricardo de Álava
Juan Álvarez Mendizábal
Precede a:
Francisco Javier de Istúriz
Presidente do Goberno de España