Francisco Santa Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Francisco Santa Cruz Pacheco»)
Infotaula de personaFrancisco Santa Cruz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de maio de 1797 Editar o valor em Wikidata
Orihuela, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1883 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Francisco Santa Cruz Pacheco, nado en Orihuela, o 11 de maio de 1797 e finado en Madrid, o 31 de agosto de 1883[1][2], foi un político valenciano, deputado nas Cortes e ministro durante o reinado de Isabel II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ideoloxía liberal, aínda que pertencía a unha familia tradicionalmente conservadora[3], en 1820, formou parte da Milicia Nacional e tomou parte activa durante o Trienio Liberal, razón pola cal, trala chegada dos Cen Mil Fillos de San Luís agochouse en Griegos (provincia de Teruel).

Tralas revoltas liberais de 1840, foi xefe político da Xunta de Goberno de Teruel até 1843. En 1851 e 1853 foi elixido deputado de Teruel polo distrito de Albarracín formando parte do Partido Progresista. Durante o terceiro goberno de Baldomero Espartero foi ministro de Gobernación (1854-1855) e ministro interino de Facenda por ausencia do titular (1856). Durante este último cargo, evitou o grave quebranto da facenda pública grazas a unha operación de crédito que lle permitiu amortizar a maior parte da Débeda pública, soster os valores públicos e baixar a taxa de desconto nun 2%. A crise política do verán de 1856 provocou a caída do goberno e a súa dimisión.

En 1858, volveu saír deputado por Albarracín, escano ao que renunciou ao ser nomeado, ese mesmo ano, senador vitalicio. Apoiou ao novo goberno de O'Donnell, motivo polo que foi nomeado pesidente do Tribunal de Contas e, en 1863, gobernador do Banco de España, cargo que mantivo até 1866.

Apoiou a revolución de 1868 , e foi elixido como deputado de Teruel nas eleccións xerais españolas de 1869 e 1871. Tamén foi senador e presidente do Senado en 1871 e 1872. No Congreso apoiou a unidade relixiosa e xurou fidelidade ao novo rei Amadeu I de España.

Ao se producir a restauración borbónica, apoiou ao novo rei e dirixiu o sector centrista do novo Partido Liberal. Nas eleccións xerais de 1876, foi elixido de novo deputado de Teruel, mais deixou a cadeira ao ser, de novo, nomeado senador vitalicio.[4]

Cargos[editar | editar a fonte]

Deputado[2] Eleccións Circunscrición Data de alta Data de baixa
27-02-1843 Teruel
10-05-1851 Teruel 04-06-1851 02-12-1852
04-02-1853 Teruel 05/03/1853 10/12/1853
04.10.1854 Cuenca 13-11-1854 05-12-1854[5]
Teruel 13-11-1854 02-09-1856
25-03-1857 Teruel 06-05-1857 13-05-1858
15-01-1869 Teruel 16-02-1869 02-01-1871
08-03-1871 Teruel
20-01-1876 Teruel 18-02-1876 07-03-1876
Ministro[2] Ministerio Data de alta Data de baixa
Ministro de Gobernación 30-07-1854 29-11-1854
Ministro de Gobernación 29-11-1854 06-06-1855
Ministro de Facenda 07-02-1856 14-07-1856

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Feria Lorenzo, Diego José (2012). La sanidad en el liberalismo isabelino. Huelva: Publicaciones Universidad de Huelva. p. 162. ISBN 978-84-16621-40-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Ficha no Congreso". Congreso.es. Consultado o 03-08-2017. 
  3. Romero Salvador, Carmelo; Frías Corredor, Carmen; Serrano García, Montserrat (2001). Varela Ortega, José, ed. Aragón. El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923) (Marcial Pons Historia). p. 54. ISBN 84-259-1152-4. 
  4. "Ficha no Senado". Senado.es. Consultado o 01-08-2017. 
  5. Nesa data foi substituído por Martín José Iriarte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]