Saltar ao contido

Ramón Legrande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Legrande
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1847 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1882 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Causa da mortediabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, mestre, debuxante Editar o valor en Wikidata

Ramón Legrande Fuentes, nado en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1847[1] e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1882, foi un pintor, debuxante e profesor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na Exposición Rexional Galega celebrada na súa cidade natal en 1875 presentou, en tinta chinesa, un retrato de Pío IX e outro de frei Rafael de Vélez, arcebispo de Santiago; ao óleo Una Dolorosa e Una flor; á augaforte unha Alegoría de Galicia, e picado en papel cun cortaplumas o Retrato de D. Vicente Valderrama.[2] Na Exposición de Pontevedra de 1880 figurou seu un Retrato de D. Antonio Romero Ortiz, ao lapis.[2] Consagrado ao ensino do debuxo na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e en varios colexios particulares, careceu de tempo para executar obras de grande empeño, agás unha que enviou á Escola dantesca de Milán, pola que acadou unha medalla de ouro.[2]

Finou de diabetes[3] aos 34 anos de idade, na súa cidade natal[4] o 27 de agosto de 1882.[4][5][a]

  1. Ossorio y Bernard consigna o 7 de agosto,[2] erradamente.
Referencias
  1. Vilanova Rodríguez, Alberto (2002). Los días históricos de Galicia (en castelán). Ediciós do Castro. p. 265. ISBN 84-8485-068-4.
  2. 1 2 3 4 Ossorio y Bernard & 1883-1884, p. 369.
  3. Rodríguez Barreiro 1890, p. 158.
  4. 1 2 "[..]". La Voz de Galicia (A Coruña): 1. 30/8/1882.
  5. "Un artista menos". Gaceta de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela) (1.050): 2. 28/8/1882.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]