Saltar ao contido

Rafael de Vélez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRafael de Vélez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel José Anguita Téllez Editar o valor en Wikidata
15 de outubro de 1777 Editar o valor en Wikidata
Vélez-Málaga Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 1850 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Herbón Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Santiago de Compostela
29 de outubro de 1824 
 Simón de RenteríaMiguel García Cuesta 
Roman Catholic Archbishop of Burgos (en) Traducir
30 de maio de 1824 
 Manuel Cid Monroy (en) TraducirAlonso Cañedo y Vigil 
Bispo de Ceuta (pt) Traducir
14 de abril de 1817 
 Andrés Esteban GómezFrancisco Javier García Casarrubios y Melgar 
Diocese: Diocese de Ceuta (pt) Traducir
Arcebispo católico
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1800–), bispo católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Capuchinos Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónLuís Maria de Bourbon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1406226

Manuel Anguita Téllez, coñecido como Rafael de Vélez[1], nado en Vélez-Málaga o 15 de outubro de 1777 e finado no mosteiro de Herbón o 3 de agosto de 1850, foi un frade e prelado español, que se distinguiu como un dos máis conspicuos representantes do ideario do absolutismo español do século XIX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa oposición ao liberalismo manifestouse polos anos da Guerra da Independencia, publicando en 1812 o famosísimo "Preservativo contra la irreligión", no que expuña, en boa medida, os principios do que se ten chamado a "teoloxía da guerra", seguida ao longo da contenda peninsular contra o dominio napoleónico, na que se expuña que os designios revolucionarios franceses buscaban descristianizar os pobos subxugados a eles.

Anos logo da volta do rei Fernando VII, sendo xa bispo de Ceuta desde 1817, Vélez publica a "Apología del Altar y del Trono", en 1818, obra na que expón o ideario dunha monarquía española confesional, tan querido polo absolutismo e a súa secuela, o tradicionalismo, idea que remontaba as súas raíces, polo menos, até o século XV final. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1825. Durante o período subseguinte, Vélez reorganiza o realismo galego en conivencia co Capitán xeneral de Galiza, Nazario Eguía.

A morte do rei Fernando VII, supón a reorganización da Rexencia, para evitar agora a conspiración carlista, nomeándose novo Capitán xeneral de Galiza a Pablo Morillo, conde de Cartagena. Morillo toma medidas adecuadas para evitar un futuro levantamento xeral. Porén, Vélez convertera o cabido santiagués nun dos núcleos finanzadores e amparadores do carlismo galego e español, que fican demostradas en declaracións perante a xustiza. Vélez é nomeado, polo mesmo pretendente don Carlos, presidente da Xunta Carlista Superior Gobernativa de Galiza o 26 de marzo de 1835, mais estaría pouco tempo á cabeza da mesma, pois o 21 de abril do mesmo ano, foi desterrado, xunto co seu secretario Castañeda, para Maó, na illa de Menorca, onde pasaría varias anos (1835 - 1844).

Vélez creou en Santiago o Seminario Conciliar Diocesano (1829), que localizou no colexio de San Clemente. Faleceu no convento de Santo Antonio de Herbón, preto de Santiago, en 1850.

Xoán Manuel Pintos dedicoulle os versos: "Á entrada do Señor Arsibispo cando viña do seu desterro de Mahón" (1844).

Predecesor:
Simón Antonio de Rentería
 Arcebispo de Santiago de Compostela 
1825 - 1850
Sucesor:
Miguel García Cuesta
  1. Rafael de Vélez foi o nome que adoptou Manuel Anguita Téllez ao ingresar nos capuchinos. A razón do seu nome vén dada pola súa nacenza en Vélez, Málaga.