Pedro Castañón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de rally |
Deporte | rally |
Familia | |
Fillos | Pedro Luis Castañón López |
Pedro Luis Castañón Escalera, nado en Santiago de Compostela c.1961,[1] é un ex piloto galego de rallys.
Competiu de xeito habitual no Campionato de Galicia de Rally, do que se proclamou subcampión na tempada 1996. É pai do tamén piloto Pedro Castañón López.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou nos rallys nos anos 80 na Escudería Compostela pilotando un Citroën Visa e en 1991 quedou terceiro na Copa Seat Marbella do Campionato de Galicia de Rally.[2] En 1992 usou un Peugeot 205 Rallye, co que quedou segundo na Copa Mabor e nos seguintes tres anos correu sobre Citroën AX Sport,[3][4] co que quedou segundo no Rally de Noia de 1994, por detrás de Javier Piñeiro.[5] Ese ano proclamouse campión da Challenge Citroën, dentro da cal conseguiu tres vitorias, dous segundos postos e dous terceiros, superando ao segundo clasificado, Benito Carballido.[6] Na tempada 1996, conducindo un Renault Clio Williams, conseguiu outro segundo posto absoluto, no Rally Botafumeiro, e a súa regularidade permitiulle proclamarse subcampión galego, só por detrás de Germán Castrillón.[7] Durante os seguintes anos os problemas co Clio e cun novo Seat Ibiza Cupra impedíronlle obter tan bos resultados,[8] mais aínda así logrou outro podio no Rally Botafumeiro de 1998.[9] O seu copiloto habitual estes anos era Miguel Ángel Vilas.[4]
No ano 2000 pasou a disputar o Campionato de Galicia de Montaña cun Citroën ZX,[10] proclamándose gañador da Copa Galicia de Prototipos no seu primeiro ano, título que revalidou nos catro anos seguintes.[11][12] No 2004, cun Seat León Cupra, foi ademais campión galego de montaña entre os vehículos carrozados.[13][14] Disputou tamén de xeito interrompido o Campionato de España de Montaña, rematando en 2001 como sexto do seu grupo (A2),[15] e décimo en 2005 e 2006.[16][17] A principios de 2007 estreou un Nissan Primera Superturismo no nacional de montaña, co que competiu de xeito máis esporádico nos seguintes anos.[18]
O seu fillo Pedro tomou o seu relevo, competindo dende pequeno en karting e logo en subidas, e gañando en 2014 o Campionato de Montaña de Portugal.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pedro Luis Castañón". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 17 de agosto de 1994. p. 54.
- ↑ "Dos pilotos de la Escudería Berberecho intervendrán en el Rallye «Botafumeiro»". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 5 de xullo de 1991. p. 50.
- ↑ "Castrillón apretó en la noche y ganó el Rally Ciudad de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de setembro de 1992. p. 49.
- ↑ 4,0 4,1 "Resultados de Pedro Castañón". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "Javier Piñeiro ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 1994. p. 54.
- ↑ "Castañón y Vilas ganan la Challenge Citroen en el Rally Ciudad de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de novembro de 1994. p. 50.
- ↑ "Castañón, subcampeón gallego de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 1996. p. 59.
- ↑ "Averías sin parar". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 18 de setembro de 1998. p. 64.
- ↑ "Fácil victoria de Castrillón al abandonar Senra y Paz". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 1998. p. 61.
- ↑ "Castañón debuta en el Campeonato de Montaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 12 de maio de 2000. p. 63.
- ↑ "El piloto santiagués Pedro Castañón compitió esta temporada con un Citroën ZX kit car". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). p. 40.
- ↑ "Los pilotos santiagueses anuncian un año exitoso". La Voz de Galicia (Santiago ed.). 8 de abril de 2003. p. 32.
- ↑ "El piloto santiagués Pedro Luis Castañón ha completado un gran año en el calendario de montaña". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 8 de outubro de 2004. p. 46.
- ↑ "Anuario 2005" (PDF). Federación Galega de Automobilismo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2006. Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2001" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2005" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "Clasificacións nacionais de 2006" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "El compostelano Pedro Castañón busca un buen resultado en la Subida de Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xullo de 2008. Consultado o 1 de setembro de 2020.
- ↑ "Pedro Castañón hace historia en el Campeonato de Portugal de Montaña". El Correo Gallego (en castelán). 23 de setembro de 2014. Consultado o 1 de setembro de 2020.