Rally Comunidade de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rally RACE Comunidad de Madrid»)
Rally Comunidade de Madrid
Fundación2010
RexiónMadrid Comunidade de Madrid
CopaEspaña CERA
España SCER
Máis laureadoGalicia Sergio Vallejo (3)
OrganizadorRACE
Sitio webjarama.org

O Rally Comunidade de Madrid é unha proba de rally que se organiza anualmente desde 2010 na Comunidade de Madrid, aínda que tamén adoita visitar provincias limítrofes como Ávila.

Puntúa para o Campionato de España de Rallys, sendo en todas as súas edicións a derradeira proba do calendario. Está organizado polo RACE e entrou no certame en substitución do Rally Shalymar. Algunhas edicións tiveron como sede o circuíto do Jarama, onde tamén se disputan etapas superespeciais.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro gañador foi o lucense Pedro Burgo cun Mitsubishi Lancer Evo X, gañando por máis de medio minuto ao Škoda Fabia S2000 de Alberto Hevia. Outro galego, Sergio Vallejo, impúxose na segunda edición co Porsche 997 GT3 sobre o coruñés Álvaro Muñiz, segundo cun Lotus Exige GT. Os irmáns Vallejo repetiron vitoria en 2012 de novo co 997 cunha ampla vantaxe sobre o Evo X de Jonathan Pérez e Daniel Marbán. En 2013 José Antonio Suárez logrou a súa primeira vitoria no Campionato de España tras unha dura loita co gondomarés Alberto Meira que rematou segundo a só 1,2 segundos.

En 2014 Sergio Vallejo volveu ser protagonista ao lograr a súa terceira vitoria no rally nunha edición onde tamén gañou o seu segundo campionato de España, despois de que o seu principal rival Miguel Ángel Fuster abandonase na segunda etapa. Outro Porsche doutro piloto galego, esta vez o de Iván Ares, gañou na sexta edición, na que dominou de principio a fin. En 2015 gañaron Christian García e Rebeca Liso, campións de España esa tempada, impoñéndose por diante dos irmáns Vallejo.[1] O Suzuki Swift de Gorka Antxustegui foi o máis rápido na edición seguinte, dándolle ao vasco a súa primeira vitoria no nacional.[2] Na edición de 2018 os vencedores foron o piloto asturiano José Antonio Suárez e o copiloto de Salvaterra de Miño Cándido Carrera, a bordo dun Hyundai i20 R5,[3] mesmo modelo que logrou a vitoria ao ano seguinte, conducido por Iván Ares e con David Vázquez á súa dereita.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Campionato
2010 1º Rally Comunidade de Madrid[5] Galicia Pedro Burgo Galicia Marcos Burgo Mitsubishi Lancer Evo X CERA
2011 1º Rally Comunidade de Madrid[6] Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 CERA
2012 3º Rally RACE Comunidade de Madrid[7] Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 CERA
2013 4º Rally Comunidade de Madrid España José Antonio Suárez España Pablo Marcos Mitsubishi Lancer Evo IX CERA
2014 5º Rally Comunidade de Madrid Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Porsche 997 GT3 CERA
2015 6º Rally Comunidade de Madrid RACE-Opel Galicia Iván Ares Galicia Álvaro Bañobre Porsche 997 GT3 CERA
2016 7º Rally Comunidade de Madrid RACE España Christian García España Rebeca Liso Mitsubishi Lancer Evo X CERA
2017 8º Rally Comunidade de Madrid RACE España Gorka Antxustegui España Alberto Iglesias Suzuki Swift R+ CERA
2018 9º Rally Comunidade de Madrid España José Antonio Suárez Galicia Cándido Carrera Hyundai i20 R5 CERA
2019 10º Rally Comunidade de Madrid Galicia Iván Ares Galicia David Vázquez Hyundai i20 R5 CERA, S-CER
2020 11º Rally Comunidade de Madrid España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5 CERA

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cristian García también gana el Rally de Madrid". Marca (en castelán). 20 de novembro de 2016. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  2. Fernández, Iván (25 de novembro de 2017). "Gorka Antxustegi logra en Madrid su primer triunfo en el Nacional de Asfalto" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  3. "¡Victoria de Cohete Suárez en Madrid! Hyundai cierra el año en lo más alto" (en castelán). 24 de novembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  4. "Iván Ares gana en Madrid y se proclama subcampeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  5. "1. Rally Comunidad de Madrid 2010". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  6. "Clasificación Final Oficial" (PDF) (en castelán). 28 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de decembro de 2020. 
  7. Villarín, Nacho. "El 'Lobo', rey de la sierra" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]