Rainerio III de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rainiero III de Mónaco»)
Rainerio III de Mónaco
Nome completoRainier Louis Henri Maxence Bertrand Grimaldi
Nacemento31 de maio de 1923
Lugar de nacementoMónaco
Falecemento6 de abril de 2005
Lugar de falecementoMónaco
Causainsuficiencia renal
SoterradoCatedral da Nosa Señora Inmaculada
NacionalidadeMónaco
EtniaMonegasques
RelixiónIgrexa católica
Alma máterInstituto de Estudos Políticos de París, Stowe School e Cours Hattemer
Ocupaciónmonarca, político e aristócrata
PaiPierre de Polignac
NaiCarlota de Mónaco
CónxuxeGrace Kelly
FillosCarolina de Mónaco, Alberte II de Mónaco e Estefanía de Mónaco
IrmánsPrincesa Antoinette, Baronesa de Massy
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Cruz de guerra 1939-1945, Estrela de Bronze, Ordem Olímpica, Ordem da Espora de Ouro, Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Order of Manuel Amador Guerrero, anniversary medal at the occasion of the 2500th anniversary of the founding of the Iranian Empire e Ordem do Redentor
Na rede
WikiTree: Grimaldi-13 Find a Grave: 10665757 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rainerio[1] III de Mónaco[2], nado o 31 de maio de 1923 e finado o 6 de abril de 2005, foi fillo da princesa Charlotte Louise Juliette, duquesa de Valentinois (1898-1977) e do príncipe Pierre Marie Xavier Antoine Melchior (1895-1964). Recibe o título hereditario e a sucesión ó trono pola renuncia do seu pai, o príncipe Lois II.

O 18 de abril de 1956 casa con Grace Kelly (nacida en Pensilvania, Estados Unidos o 12 de novembro de 1929) e queda viúvo o 14 de setembro de 1982, cando esta morre nun controvertido accidente de tráfico. Tivo 3 fillos: a princesa Carolina (23 de xaneiro de 1957), o príncipe Alberte (14 de marzo de 1958 e actual príncipe) e a princesa Estefanía (1 de xaneiro de 1965).

Tivo así mesmo 7 netos: 4 fillos de Carolina: Andrea (1984), Charlotte (1986), Pierre Stefano (1987) e a princesa Alexandra de Hannover (1999); e 3 fillos de Estefanía: Louis Roberto Paul (1992), Pauline (1994) e Camille Marie Kelly (1998). Morreu o 6 de abril de 2005 despois dunha longa enfermidade causa dunha serie de operacións.

Estudos[editar | editar a fonte]

Educouse en Inglaterra e Suíza. Estudos de ciencias políticas en París. Alistado no exército francés como tenente secundario, participou con esta unidade nas operacións para a campaña de Alsacia. Recibiu a Cruz da Guerra e a Estrela de Bronce.

Pasa a tenente da sección económica da misión militar francesa en Berlín. En xaneiro de 1947, Léon Blum, presidente do goberno interino da república francesa, conferiulle a lexión militar do Cabaleiro a cruz e de honra. En abril de 1949, o goberno francés ascéndeo a capitán, e en decembro de 1954, concédelle o grao de coronel no exército francés. Accede ó trono en 1949, con 26 anos.

O príncipe[editar | editar a fonte]

No primeiro capítulo da constitución, indícase que o responsable da autoridade é o príncipe reinante. A constitución de 1962 tamén indica que a sucesión ao trono pasa aos descendentes directos e lexítimos do príncipe reinante baixo principio de primoxenitura. Os descendentes masculinos toman precedencia sobre descendentes femininos do mesmo grao de parentesco. En ausencia de descendentes lexítimos, un neno adoptado pode ter acceder ao trono. O príncipe, porén, pode exercer soamente o seu mandato se alcanzou a súa maioría de idade, fixada na idade de 21 anos. Durante a súa minoría, o cargo é exercido por un rexente.

As normas sucesorias foron modificadas a principios do século XX para que, no caso de que Alberto non tivese descendencia, Andrea, primoxénito de Carolina, poida reinar. Isto implica que na constitución actual reformada, o herdeiro buscarase primeiro entre os fillos do soberano, primando os homes. No caso de non ter descendencia, o trono pode pasar a un irmán do soberano. Para reinar é necesario tamén ter a nacionalidade monegasca e ter polo menos 18 anos (xa non 21).

Predecesor:
Lois II de Mónaco
Príncipe de Mónaco
1949 - 2005
Sucesor:
Alberte II de Mónaco

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lema Suárez, X. M. (1992). Dicionario dos nomes galegos. Ir Indo. p. 497. 
  2. Enciclopedia Galega Universal, tomo 114, páx. 284.