José María Díaz Díaz-Villamil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Díaz Díaz-Villamil
José María Díaz y Díaz Villamil.jpg
Nome completo José María Díaz y Díaz-Villamil
Nacemento 1898
  Vilaoudriz, A Pontenova
Falecemento 25 de setembro de 1936
  Taramundi
Nacionalidade España
Ocupación avogado e político
editar datos en Wikidata ]

José María Díaz Díaz-Villamil, nado no Cerdeiral, Vilaoudriz (A Pontenova), en 1898 e finado en Taramundi o 25 de setembro de 1936, foi un avogado e político republicano galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio e traballou como mestre en Vilameá. Despois exerceu como Inspector de Primaria en Lugo e estudou Dereito. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi encarcerado en Madrid por ser o presidente da Sociedade de Estudantes de Dereito.

Foi un dos asinantes do Pacto de Barrantes en setembro de 1929, polo que se creaba a Federación Republicana Gallega dirixida por Santiago Casares Quiroga, que despois adoptaría o nome de ORGA. Como membro destacado deste partido, organizou a Asemblea Rexional de Lugo de maio de 1932 pola cal a ORGA adoptou o nome de Partido Republicano Gallego, e pouco despois foi nomeado gobernador civil de Huesca e Málaga, e en marzo de 1933 de Zaragoza, sendo Casares Quiroga ministro da Gobernación. En 1934 dimitiu do cargo e exerceu como avogado en Vilalba e Lugo, e pouco despois foi un dos encargados de integrar o PRG na nova Izquierda Republicana, da que será vocal por Lugo.

Nas eleccións xerais de febreiro de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Lugo na candidatura da Fronte Popular, sendo o terceiro candidato máis votado na provincia e o primeiro na cidade de Lugo. Ocupou interinamente o cargo de gobernador civil desta provincia durante uns meses. Cando estalou a sublevación militar que deu paso á guerra civil española o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con Rafael de Vega Barrera e Jacinto Calvo.

O 20 de xullo conseguiu escapar a Ribadeo, pero foi capturado o 12 de setembro. Segundo fontes militares franquistas, morreu o 25 de setembro de 1936 en Taramundi como resultado duna hemorraxia provocada por un disparo. Foi o único deputado lucense asasinado sen que tivese lugar un simulacro de xuízo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]