Rafael García Guerrero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1973 (50 anos) Noia, España |
Cargos | |
Alcalde de Noia | |
Período | 2007 – 2015 |
Antecesor | Antonio Pérez Insua |
Sucesor | Miguel Paz Barreiro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Noia |
Ocupación | Político |
Partido político | PSdeG-PSOE |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Lista
|
Rafael García Guerrero, nado en Noia o 20 de decembro de 1973, é un expolítico[Cómpre referencia] galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Física. Militante das XSG, presentouse ás eleccións municipais de 1999 no concello de Noia encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE, tras derrotar nas primarias a Xosé Moas Pazos, logrando unha substancial mellora de apoios que lle supuxo poder acceder á alcaldía co apoio do BNG e truncar a continuidade no poder do PPdeG na vila. Se ben nun principio se negociou un goberno de coalición cos nacionalistas, finalmente este non se alcanzou e gobernou en minoría. En 2003 volveu encabezala lista socialista e pese a mellorar resultados non conseguiu de novo a alcaldía debido á caída do BNG que favoreceu a maioría absoluta do PPdeG.
En 2007 recuperou a alcaldía grazas ó apoio do BNG, tras perder os populares a maioría absoluta, e gobernando en coalición cos nacionalistas. En marzo de 2009 rómpese o pacto e continuou gobernando en minoría o resto do mandato. En 2011 foi reelixido alcalde grazas a un pacto co BNG e a formación independente Noieses Independientes Agrupados (NO.I.A).[1]. No 2015 non se presentou á reelección e abandonou a primeira liña política.
Tralo seu abandono da política rexenta un ultramarinos na vila noiesa.
Predecesor: Carmen Abeijón Martínez |
Alcalde de Noia 1999 - 2003 |
Sucesor: Antonio Pérez Ínsua |
Predecesor: Antonio Pérez Ínsua |
Alcalde de Noia 2007 - 2015 |
Sucesor: Miguel Paz Barreiro |