Antonio Pérez Insua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antonio Pérez Ínsua")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pérez Insua

Escudo de Noia.svg
Alcalde de Noia
2003 – 2007
Precedido por Rafael García Guerrero
Sucedido por Rafael García Guerrero

Datos persoais
Nacemento 4 de novembro de 1950 (68 anos)
Noia, Galicia
Partido PPdeG
Profesión Político, empregado de banca

Antonio "Tono" Pérez Insua, nado en Noia o 4 de novembro de 1950, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Noia entre 2003 e 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Maxisterio, traballou como empregado de banca en Noia. En 2003 resultou elixido alcalde da vila noiesa á fronte da candidatura do Partido Popular, ao obter a maioría absoluta nas municipais daquel ano. Perdeu porén a alcaldía nos comicios de 2007 e non foi capaz de recuperala tampouco nos de 2011, co que durante eses anos figurou como cabeza da oposición.

Formou parte da candidatura do PPdeG ao Congreso dos Deputados nas eleccións Xerais que supuxeron a vitoria de Mariano Rajoy, aínda que non foi elixido deputado directamente. Porén, uns días despois Arsenio Fernández de Mesa renunciou ao seu posto na Cámara baixa para dirixir a Garda Civil e Pérez Ínsua pasou a ocupar o seu escano en xaneiro de 2012.

En marzo de 2013 foi acusado de vender participacións preferentes e débeda subordinada de Caixanova.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]