Raíces profundas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Raíces profundas
Ficha técnica
Título orixinalShane
DirectorGeorge Stevens
ProdutorGeorge Stevens
GuiónA.B. Guthrie, Jr.
Jack Sher
IntérpretesAlan Ladd
Jean Arthur
Van Heflin
Brandon deWilde
Jack Palance
MúsicaVictor Young
FotografíaLoyal Griggs
MontaxeWilliam Hornbeck
Tom McAdoo
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea23 de abril de 1953
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$3 100 000
Recadación$20 000 000[1]

Raíces profundas (en inglés: Shane) é un western estadounidense de 1953, producido e dirixido por George Stevens. O guión é de A.B. Guthrie Jr., adaptado da novela de Jack Schaefer de 1949. A súa fotografía, gañadora do Óscar é de Loyal Griggs. O filme está protagonizado por Alan Ladd e Jean Arthur, para a que foi a última (e única en cor) longametraxe da súa carreira.

O American Film Institute incluíu Raíces profundas na súa lista dos mellores filmes estadounidenses en 1998 no 69.º lugar e novamente en 2007 no 45.º posto.

Foi emitido na TVG o 16 de marzo de 2001.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

O filme conta a historia do misterioso pistoleiro Shane, que acaba de chegar a unha rexión de asentamentos nun val de Wyoming. Os colonos luitan polos seus dereitos contra os grandes criadores de gando, que controlan a maior parte da terra, e Shane involúcrase no conflito.

Shane, que quere mudar de vida, acepta traballar na pequena facenda de Starret, sentíndose atraído pola súa dona, Marian. O fillo de Starret, Joey, interésase por Shane e descobre o cinto cunha pistola que o cowboy agachara. O rapaz asómbrase cando Shane lle amosa a súa habilidade coas armas e convértese nun ídolo para Joey.

A tensión entre as faccións en conflito aumenta cando Ryker, o facendeiro máis poderoso da rexión, contrata o temíbel pistoleiro Jack Wilson para facer presión sobre os propietarios dos sitios.

Elenco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Box Office Information for Shane. The Numbers. Consultado o 13 de abril de 2012.
  2. Programación

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]