Ben Johnson (actor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben Johnson
Nacemento13 de xuño de 1918
LugarForaker
Falecemento8 de abril de 1996
LugarMesa, Arizona
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Profesiónactor de televisión e actor de cinema
Na rede
IMDB: nm0424565 Allmovie: p35776 TCM: 95600
WikiTree: Johnson-69116 Find a Grave: 2252 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ben "Son" Johnson, Jr., nado en Foraker (Oklahoma) o 13 de xuño de 1918 e finado en Mesa (Arizona) o 8 de abril de 1996 foi un actor, especialista de cinema e vaqueiro de rodeo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ben Johnson naceu na Osage Indian Reservation, de orixes irlandesa e cherokee,[1] fillo de Ollie Susan Workmon e de Ben Johnson, Sr.[2] O seu pai era rancheiro e campión de rodeo.

A súa carreira cinematográfica comezou en The Outlaw, de Howard Hughes. O seu traballo como especialista chamou a atención de John Ford, que o contratou como dobre de Henry Fonda en Fort Apache (1948). Durante a rodaxe os cabalos que tiraban dunha carruaxe con tres homes desbocáronse, e Johnson foi quen de parar o carro e salvar os homes. Cando Ford lle prometeu que sería recompensado Johnson contaba con outro traballo de dobre ou quizais un pequeno papel con frase. Ford chamou a Johnson á súa oficina e deulle un sobre cun contrato de sete anos por cinco mil dólares á semana.[3][4] O seu primeiro papel acreditado foi en 3 Godfathers.

Durante a súa carreira traballou con directores como Sam Peckinpah e gañou o Oscar ao mellor actor secundario de 1971 por A derradeira película, de Peter Bogdanovich.

Faleceu vítima dun ataque ao corazón en Mesa (Arizona), o 8 de abril de 1996 mentres visitaba a súa nai, que tiña 96 anos.[5] Ela finou en 2000 cando tiña 101 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título
1939 The Fighting Gringo
1943 The Outlaw
1943 Bordertown Gun Fighters
1944 The Pinto Bandit
1944 Tall in the Saddle
1944 Nevada
1945 Corpus Christi Bandits
1945 The Naughty Nineties
1946 Badman's Territory
1948 The Gallant Legion
1948 3 Godfathers
1949 Mighty Joe Young
1949 A lexión invencible
1950 Caravana de paz
1950 Rio Grande
1951 Fort Defiance
1952 Wild Stallion
1953 Raíces profundas
1955 Oklahoma!
1956 Rebel in Town
1957 War Drums
1957 Slim Carter
1958 Fort Bowie
1960 Ten Who Dared
1961 O rostro impenetrable
1961 Tomboy and the Champ
1964 O gran combate
1965 Maior Dundee
1966 The Rare Breed
1968 O máis valente entre mil
1968 Hang 'Em High
1969 Grupo salvaxe
1969 The Undefeated
1970 Chisum
1971 A derradeira película
1971 Something Big
1972 Corky
1972 Junior Bonner
1972 The Getaway
1973 Ladróns de trens
1973 The Red Pony
1973 Dillinger
1973 Kid Blue
1973 Runaway!
1973 Blood Sport
1974 Viaxe a Sugarland
1974 Locusts
1975 Morde a bala
1975 Nevada Express
1975 Hustle
1976 The Savage Bees
1976 The Town That Dreaded Sundown
1977 The Greatest
1977 Grayeagle
1978 The Swarm
1979 The Sacketts
1980 The Hunter
1980 Ruckus
1980 Terror Train
1981 Soggy Bottom U.S.A.
1982 Tex
1982 The Shadow Riders
1983 Champions
1984 Amencer vermello
1985 Wild Horses
1986 Trespasses
1986 Let's Get Harry
1987 Cherry 2000
1988 Stranger on my Land
1988 Dark Before Dawn
1989 The Last Ride
1989 Back to Back
1991 The Chase
1991 My Heroes Have Always Been Cowboys
1992 Radio Flyer
1993 Bonanza: The Return
1994 Outlaws: The Legend of O.B. Taggart
1994 Angels in the Outfield
1995 Bonanza: Under Attack
1996 Ruby Jean and Joe
1996 The Evening Star

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Erickson, Hal. "Ben Johnson". Allmovie. 
  2. Ollie Susan Workmon Rider obituary, Osage County, Oklahoma USGenWeb Project hosted by Rootsweb.com
  3. Brown, David G. (Setembro–Outubro 1995). Active Interest Media, ed. "Last of a Breed". American Cowboy 2 (3). p. 43. ISSN 1079-3690. 
  4. McBride, Joseph (2003). Macmillan, ed. Searching for John Ford: A Life. p. 496. ISBN 978-0-312-31011-0. 
  5. "Actor ben johnson dies at 77". The Press of Atlantic City. Atlantic City, NJ. 9 de abril de 1996. Consultado o 31 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]