Río Kagera
Río Kagera (Kagera-Akagera-Nyabarongo-Mwogo-Rukarara) | |
---|---|
![]() | |
País | Burundi Ruanda Tanzania Uganda |
Nacemento | Ríos Akagera e Ruvubu |
Lonxitude | 621 km |
Conca | Río Nilo |
Desembocadura | Lago Vitoria |
![]() | |
Localización do río Kagera (mapa de Uganda) | |


O río Kagera é un río da África oriental, o maior tributario do lago Vitoria e un dos ríos da cabeceira do río Nilo. O río forma fronteira natural entre Tanzania e Ruanda e, tamén, entre Tanzania e Uganda. Ten unha lonxitude, sen incluír as súas fontes, de 400 km.[1]
Xeografía[editar | editar a fonte]
O río nace no Monte Heha, en Burundi. Nos seus inicios é coñecido como río Rukarara, aparecendo en Ruanda, cerca do extremo norte do lago Tanganica, no corazón do bosque tropical de Nyungwe, na provincia Occidental. O río cambia varias veces de nome segundo descende e vai incorporando afluentes: primeiro leva o nome de Mwogo, logo o de Nyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, despois, ao recibir este pola dereita o río Ruvubu, dá lugar ao río Kagera.
O Kagera flúe cara o norte, constituíndo durante a primeira metade do seu percorrido a fronteira natural entre Tanzania e Ruanda. Neste primeiro tramo, o río forma primeiro o límite occidental da reserva tanzana de Rusuma Falls-Burigi Game, e, máis adiante, durante un largo tramo, o límite oriental do ugandés Parque Nacional Akagera, que leva ese polo río.
Cerca de Kagitumba, o río cambia repentinamente de dirección cara o leste, nun punto no que hai unha trifronteira entre Ruanda, Tanzania e Uganda. Segue cara o leste, sendo a fronteira tanzano-ugandesa. Logo describe unha ampla curva cara o sur adentrándose no territorio tanzano e de novo volve, xa no seu tramo final, a ser fronteira entre Tanzania e Uganda. Desemboca finalmente no lago Vitoria pola parte central da beira occidental, a uns 40 km ao norte da cidade de Bukoba.
A súa cabeceira é a fonte do río Nilo máis afastada do mar Mediterráneo.
Hidroloxía[editar | editar a fonte]
O río Kagera e os seus afluentes drenan a maior parte do territorio de Ruanda. Os principais afluentes do río son:
- pola marxe esquerda:
- río Muvumba;
- río Karangaza;
- río Kamiramugezi;
- pola marxe dereita:
- río Ruvubu;
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Kagera |