Saltar ao contido

Serra de Ayllón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSerra de Ayllón
Imaxe
Tipocordilleira
montaña
serra Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaSierra Norte de Guadalajara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaprovincia de Guadalaxara, España, Comunidade de Madrid, España e provincia de Segovia, España Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°12′N 3°24′O / 41.2, -3.4
CordilleiraSistema Central Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.272 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións46 (lonxitude) km
Material usadogranito
Gneis
Lousa Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452910

A serra de Ayllón ou macizo de Ayllón é unha cadea montañosa da Península Ibérica, pertencente ao Sistema Central, do que constitúe un dos seus contrafortes máis orientais. Está situada entre as provincias españolas de Guadalaxara, Segovia e Madrid.

Linda ao oeste coas serras de Somosierra e do Rincón, ao leste coas de Pela e Alto Rey, ao norte coa meseta Norte e ao sur coa Campiña de Guadalaxara.

Das súas montañas nacen os ríos Jarama e Sorbe, así como outros menores como o Jaramilla, Berbellido, Sonsaz ou do Ermito. Nos seus vales crecen as faias máis meridionais de Europa (Tejera Negra, La Pedrosa e Montejo), sen faltar na súa flora o carballo e o piñeiro silvestre. Entre a súa fauna atópanse lobos, voitres e pequenos mamíferos. A parte da serra na provincia de Guadalaxara atópase dentro do parque natural da Serra Norte de Guadalaxara e en boa parte do seu territorio esténdese a Reserva de Caza de Sonsaz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]