Peña Cebollera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 41°09′58″N 3°32′18″O / 41.16611, -3.53833

Peña Cebollera
Cebollera Vieja.JPG
Vista de Peña Cebollera.
Altitude 2.129 m
Latitude 41°09′58″ N
Lonxitude 3°32′18" W
Localización España España
Cordilleira Serra de Ayllón (Sistema Central)

Peña Cebollera, tamén coñecido como Cebollera Vieja ou pico das Tres Provincias, é un cumio montañoso de 2.129 msnm de altitude situada no extremo dos cordais principal e occidental da serra de Ayllón, no Sistema Central español. É o punto de confluencia dos límites das provincias de Madrid, Guadalaxara e Segovia, sinalizado este feito cun monólito na cima. Álzase sobre o porto de Somosierra, paso clave nas comunicacións do centro de España, e a localidade de Somosierra, punto de acceso máis inmediato para os excursionistas que realizan a ascensión.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Consta dun pico principal e dos seus consecuentes subsidiarios, entre os que destacan a pena dos Abantos (2124 msnm) e o cerro do Recuenco (2084 msnm). O cordal en que se atopa denomínase serra Cebollera, estendéndose desde este pico cara ao sur ata a Cebollera Nueva (1834 msnm) pola Cabeza del Tempraniego (2071 msnm), o Coto de Montejo (2047 msnm) e o alto da Fuente de Cabezuelas (1885 msnm). A cima de Pena Cebollera é o punto máis setentrional da Comunidade de Madrid.

Nas súas estribacións nacen os ríos Jarama, ao sur, e Duratón, ao oeste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]