Conversa:Río Anllo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nacemento[editar a fonte]

As referencias contradínse. O MTN25 marca unha liña de grosor continuo ata Os Currás (Galgao, Abadín), pero cámbialle o nome a Rego de Abadín dende Gaute (Goás, Abadín), a Rego de Gontán dende Tezán (Fanoi, Abadín), e a Rego da Xesta dende Fontepresa (Quende, Abadín). O MTN50 fai o mesmo. O mapa base do IGN indica que nace en Fontepresa. O GEG indica que nace en Goás (Abadín). O libro dos Ríos de Galiza indica que nace na parroquia de Labrada (Abadín), mentres que os mapas chámanlle a esa cabeceira o Rego de Labrada. ¿Que criterio se debe tomar nos casos no que un río recibe múltiples nomes ó longo do seu percorrido? ¿Un artigo único que indique todos os nomes que recibe o río?¿Un artigo para cada tramo? ¿Redireccións?--Iagocasabiell (conversa) 14 de abril de 2016 ás 22:40 (UTC)[responder]

Eu penso que o que se debe facer é explicar as discrepancias no artigo achegando as referencias asociadas. Non é preciso facer un artigo para cada tramo, a non ser que ese tramo teña unha certa entidade, é decir que teña certa relevancia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2016 ás 22:59 (UTC)[responder]