Ptilopachus
Ptilopachus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ptilopachus petrosus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Ptilopachus é un xénero de aves da orde dos galiformes e familia dos odontofóridos, hoxe clasificado na subfamilia monotípica dos odontoforinos.
Comprende dúas especies africanas (mentres que as outras 32 especies da familia son propias do Novo Mundo).
Características
[editar | editar a fonte]Ambas as species son relativamente pequenas, dunha lonxitude aproximada duns 25 cm, de habitos terrestres e aparencia de paspallases, cacarterizadas por presentaren un anel ocular vermello e a base do bico, as patas e a plumaxe das partes superiores apardazadas.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente estas dúas especies situábanses na familia dos fasiánidos, sub familia dos perdicinos, pero agora sábese, por evidencias xenéticas, que están máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[2][3][4]
Do mesmo xeito, tradicionalmente, só a especie Ptilopachus petrosus se incluía no xénero,[5][6] pero en base ás evidencias xenéticas agora tamén se inclúe a chamada perdiz de Nahan, Ptilopachus nahani, que anteriormente se consideraba un francolín.[1][7]
Estes estudos tamén conclúen que este xénero está máis estreitamente relacionado cos papallases do Novo Mundo (odontofóridos) e podería considerarse o seu único representante en África, pero algúns taxónomos aínda a inclúen nos fasiánidos. (Cómpre dicir que a EOL inclúe as dúas especies nos odontofóridos).[8]
Recentemente (2013) o xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos ptilopaquinos (Ptilopachinae), diferenciada da dos odontoforinos (Odontophorinae), que engloba ás 32 especies de paspallases do Novo Mundo.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 McGowan, P. J. K. (1994): "Francolins (genus Francolinus)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6, pp.489-504.
- ↑ Crowe, T. M.; Bowie, R. C. K.; Bloomer, P.; Mandiwana, T. G.; Hedderson, T. A. J.; Randi, E.; Pereira, S. & Wakeling, J. (2006): "Phylogenetics, biogeography and classification of, and character evolution in, gamebirds (Aves: Galliformes): Effects of character exclusion, data partitioning and missing data". Cladistics 22: 495-532.
- ↑ Crowe, T. (2010): "Phylogenetic affinities of enigmatic African galliforms: the Stone Partridge Ptilopachus petrosus and Latham's and Nahan's 'Francolins' Francolinus lathami and F. nahani. Cladistics 26: 206-206.
- ↑ Gill, F. & Donsker, D., eds. (2010): [[[[Consello Ornitolóxioco Internacional|IOC World Bird Names. Versión 9.1 (2019). Consultada o 1 de febreiro de 2019.
- ↑ Ptilopachus petrosus (Gmelin, 1789) no ITIS.
- ↑ Ptilopachus. Stone partridge na ADW.
- ↑ Francolinus nahani Dubois, 1905 no ITIS.
- ↑ Ptilopachus Swainson 1837 na EOL.
- ↑ Bowie, Rauri C. K., Callan Cohen & Timothy M. Crowe (2013): "Ptilopachinae: a new subfamily of the Odontophoridae (Aves: Galliformes)". Zootaxa 3670 (1): 97-98.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.