Prudence Heward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPrudence Heward

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1896 Editar o valor em Wikidata
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte19 de marzo de 1947 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Colarossi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato Editar o valor em Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCharles-François-Prosper Guérin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Heward-102

Prudence Heward, nada en Montreal o 2 de xullo de 1896 e finada nos Ánxeles o 19 de marzo de 1947, foi unha pintora canadense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Efa Prudence Heward naceu en Montreal, Canadá, nunha familia acomodada, educouse en colexios privados. De nova mostrou interese polas artes e, alentada pola súa familia, asistiu á escola Art Association of Montreal para se formar.

Durante a Primeira guerra mundial, Heward viviu en Inglaterra onde os seus irmáns serviron no Exército Canadense mentres ela servía como voluntaria na Cruz Vermella. Ao final da guerra retorna ao Canadá, continúa pintando e únese ao Beaver Hall Hill Group. En 1924 presentou a súa primeira exposición na Royal Canadian Academy of Arts en Toronto. De todos os xeitos, naquel tempo as mulleres artistas non gozaban de credibilidade e non foi até o ano 1932 cando Heward tivo a súa primeira exposición como artista individual na Scott Gallery de Montreal.

Desexando perfeccionar as súas habilidades, forma parte do grupo creativo do barrio de Montparnasse de París, entre 1925 e 1926. Prudence Heward viviu e pintou en París, mentres estudaba na Académie Colarossi, frecuentaba o Café Le Dome en Montparnasse, o refuxio preferido dos escritores e artistas norteamericanos como o escritor canadense Morley Callaghan e os seus amigos Ernest Hemingway e F. Scott Fitzgerald.

Mentres estaba en París, Heward coñeceu a pintora de Ontario Isabel McLaughlin á que lle uniu unha grande amizade, e coa que realizou viaxes para realizar pinturas paisaxísticas. En 1929 a súa carreira logrou un maior recoñecemento cando o seu cadro, Girl on a Hill, gañou o premio do Governor General Willingdon organizado pola National Gallery of Canada.

Foi convidada a exhibir co Grupo dos Sete, cun deles A. Y. Jackson estabeleceu amizade e xuntos fixeron excursións polo Río San Lourenzo. Realizou numerosos xardíns en especial para a zona de Eastern Townships en Quebec. Heward é maiormente recordada polos seus retratos de mulleres e nenos, incluíndo os seus cinco espidos femininos entre os que hai catro de mulleres afroamericanas.

En 1933, Prudence Heward co-fundou o Canadian Group of Painters, mais os seus problemas coa asma e outros problemas de saúde fixeron que o abandonase. Un accidente de automóbil en 1939 minguou as súas capacidades aínda que seguiu traballando producindo algunhas obras até 1945 cando a súa saúde se deteriorou até o punto de deixar de pintar. Morreu dous anos despois, mentres buscaba tratamento nos Ánxeles.

Obras[editar | editar a fonte]

En 2022, a obra de Prudence Heward pódese atopar nas galerías do Canadá incluíndo a Winnipeg Art Gallery, a Montréal Museum of Fine Arts e a National Gallery of Canada.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

En 1996, o seu primo, o político Heward Grafftey, escribiu "Chapter Four: Prudence Heward" para o libro Portraits of a Life. O 2 de xullo de 2010, os correos canadenses emitiron un selo conmemorativo cun autorretrato.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ferrari, Prudence. "Prudence Heward: Painting at Home." (2001). In Framing Our Past: Canadian Women's History in the Twentieth Century, S.A. Cook, L.R. McLean, and K. O'Rourke, eds. Montreal: McGill-Queen's University Press. p. 129.
  2. Canada Post Stamp Details, July to September 2010, p.6, Volume XIX, No. 3