Provincia de Miño
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
Capital | Braga | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.093.021 (2011) (221,86 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.926,54 km² | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
O Miño é unha antiga provincia (ou rexión natural) portuguesa, formalmente instituída por unha reforma administrativa que tivo lugar en 1936. As provincias nunca tiveron ningunha atribución práctica, e desapareceron do vocabulario administrativo (aínda que non do vocabulario habitual dos seus habitantes) coa entrada en vigor da Constitución de 1976.
Limitaba ao norte e a nordeste con Galiza, ao leste coa provincia de Trás-os-Montes e Alto Douro, ao sur co Douro Litoral e ao oeste co océano Atlántico.
Estaba formada por 23 concellos, integrando a totalidade dos distritos de Braga e Viana do Castelo. Tiña a súa capital na cidade de Braga.
- Distrito de Braga: Amares, Barcelos, Braga, Cabeceiras de Basto, Celorico de Basto, Esposende, Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Terras do Bouro, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão, Vila Verde.
- Distrito de Viana do Castelo: Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo, Vila Nova de Cerveira.
Se a provincia existise nos nosos días contaría probabelmente con 24 municipios, xa que se creou un novo concello, na área do distrito de Braga: Vizela (en 1997, por secesión de Guimarães).
Para algúns xeógrafos, esta provincia, en conxunto co Douro Litoral, formaba unha unidade xeográfica maior: o Entre Douro e Minho.
Por outro lado, podía dividirse en dúas rexións: o Alto Miño, correspondente ao distrito de Viana do Castelo, e o Baixo Miño, correspondente ao distrito de Braga.
Actualmente, o seu territorio encontra-se na rexión estatística do Norte, repartindose pola totalidade das subrexións do Miño-Lima e do Cávado, e parcialmente polas subrexión do Ave (concellos de Fafe, Guimarães, Póvoa de Lanhoso, Vieira do Minho, Vila Nova de Famalicão e Vizela) e Támega (dous concelhos das Terras de Basto, a saber Cabeceiras e Celorico de Basto).