Provincia Central dos Azores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A provincia Central dos Azores foi unha división xeográfica de Portugal, creada en 1836, a partir da escisión, en dúas provincias separadas, da antiga provincia Occidental dos Azores. Correspondía, exactamente, ao territorio do distrito de Angra do Heroísmo.

Características[editar | editar a fonte]

A provincia Central nunca funcionou como unidade administrativa, posto que, cando foi creada, xa estaba en vigor a reforma administrativa de 1835, que facía do distrito a principal división administrativa do país, con cadanseu gobernador civil e cadansúa xunta xeral. As provincias mantivéronse pero sen órganos propios de administración, e servían só como agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia xeográfica.

A provincia Central dos Azores resultou da creación en 1836 do distrito da Horta, separándose do distrito de Angra do Heroísmo. Na mesma altura foi dividida a antiga provincia Occidental dos Azores, en dúas, correspondendo, cada unha, a un único distrito. O distrito de Horta pasou a corresponderse coa nova provincia Oriental dos Azores e o distrito de Angra do Heroismo pasou a corresponderse coa provincia Central.[1].

Notas[editar | editar a fonte]