Provincia Occidental dos Azores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Provincia Occidental dos Azores denomina dúas divisións administrativas de Portugal consecutivas no tempo pero diferentes en extensión, unha creada en 1833 e a outra creada en 1836, a consecuencia da escisión da primeira en dúas provincias.

Provincia Occidental dos Azores en 1833[editar | editar a fonte]

A primeira Provincia Occidental dos Azores foi creada, xunto coa provincia Oriental o 28 de xuño de 1833, ao diferenciar dentro do arquipélago dos Azores dúas provincias. Anteriormente todo o arquipélago constituía no seu conxunto a provincia dos Azores, creada pola reforma administrativa de 1832.

A provincia tiña a súa capital en Angra do Heroísmo e incluía as illas Terceira, Faial, Flores, São Jorge, Corvo, Graciosa e Pico.

A provincia Occidental dos Azores resultou do desexo dos habitantes da illa de San Miguel de non estar subordinados nunha mesma entidade á illa Terceira. Durante o curto espazo de tempo que antecedeu a excisión, o arquipélago dos Azores formaba unha única provincia, cun prefecto e unha xunta xeral con sede en Angra, que nese momento era a capital provisoria de Portugal, ao acoller o exilado goberno liberal. San Miguel estaba incorporada na comarca de Ponta Delgada, cun subprefecto subordinado ao prefecto de Angra. Coa excisión, as illas de San Miguel e de Santa María formaron a provincia Oriental dos Azores e, as restantes illas, a provincia Occidental.

En 1835 foi decretada unha nova reforma administrativa que dividía o país en distritos, con cadanseu gobernador civil e cadansúa xunta xeral. Mantivéronse as provincias, pero sen órganos propios, co que pasaron a ser unicamente agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia xeográfica. A provincia Oriental dos Azores consevouse sen órganos de seu, englobando o distrito de Angra do Heroísmo. Coa creación do distrito da Horta, en 1836, a provincia foi dividida en dúas, unha —a que mantiña a denominación de provincia Occidental— abranxeu o novo distrito da Horta; a outra, denominada Provincia Central, pasou a englobar o distrito de Angra do Heroísmo.

Provincia Occidental dos Azores en 1836[editar | editar a fonte]

Ao ser creado o novo distrito da Horta, a partir da escisión do distrito de Angra do Heroísmo, decidiuse tamén escindir a anterior provincia Occidental en dúas, de xeito que unha delas mantivese a mesma designación. A nova provincia Occidental dos Azores incluía a área dun único distrito, o da Horta. Esta provincia foi creada nunha altura na que este tipo de división xá non dispuña de órganos propios, e cando un mero agrupamento de distritos. Así, a nova provincia occidental nunca funcionou como unidade administrativa, senón soamente como mera unidade estatística e de referencia xeográfica. Esta situación mantívose até ao século XX.[1].

Notas[editar | editar a fonte]