Protofeminismo
O termo protofeminismo é, ás veces, aplicado a unha persoa que defendía valores semellantes ós actuais valores feministas nunha época na que o termo "feminista" aínda era descoñecido,[1] ou sexa, antes do século XX.[2][3] Porén, a utilidade do termo protofeminista é rexeitada por algúns estudosos modernos.[4]
Historia[editar | editar a fonte]
Grecia Antiga[editar | editar a fonte]
O libro cinco de A República de Platón discute o papel da muller. Na República, o estado ideal para as mulleres segundo Platón, sería traballar a carón dos homes, recibir a mesma educación, e igualdade en todos os aspectos do estado. A única excepción envolvendo as mulleres, era traballar en profesións que esixían máis forza física.[5]
Oriente Medio[editar | editar a fonte]
En Oriente Medio durante a Idade Media, un dos primeiros esforzos para mellorar o estatuto das mulleres ocorreu durante o inicio de reformas do islam, que concedeu, ás mulleres, dereitos no casamento, divorcio e herdanza.[6] Ás mulleres, non era concedido estatuto legal noutras culturas, incluíndo o Occidente, até séculos máis tarde.[7] O Dicionario Oxford do Islam afirma que a melloría xeral no estado das mulleres árabes incluía a prohibición do infanticidio feminino e o recoñecemento da humanidade das mulleres.[8] "O dote, anteriormente considerado como o prezo da noiva pagado para o pai, tornouse un presente nupcial mantido pola esposa, como parte de súa propiedade persoal."[6][9] Baixo a lei islámica, o casamento xa non era máis visto como un "estado", mais si como un "contrato", en que o consentimento da muller era imperativo.[6][8][9] "As mulleres recibiron o dereito de herdanza dunha sociedade patriarcal que tiña anteriormente restrinxidos a herdanza de parentes do sexo masculino."[6] Annemarie Schimmel afirma que "en comparanza coa posición das mulleres preislámica, a lexislación islámica significou un enorme progreso; as mulleres tiñan dereitos, polo menos de acordo coa letra da lei, para administrar a riqueza que ela trouxera para a familia ou gañara polo seu propio traballo."[10]
Idade Media[editar | editar a fonte]
Protofeministas da Idade Media recoñecidas como importantes participantes no desenvolvemento do feminismo inclúen a María de Francia, Leonor de Aquitania, Bettisia Gozzadini, Nicola de la Haye, Cristina de Pizán, Edviges de Polonia, Laura Cereta e Malinche.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Botting Eileen H, Houser Sarah L. "Drawing the Line of Equality: Hannah Mather Crocker on Women's Rights".
- ↑ Cott, Nancy F. 1987.
- ↑ Offen, Karen M. 2000.
- ↑ Ferguson, Margaret.
- ↑ Plato. "The Republic". classics.mit.edu. Translated by Benjamin Jowett. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 21 de decembro de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Esposito (2005) p. 79
- ↑ Lindsay Jones, p.6224
- ↑ 8,0 8,1 Esposito (2004), p. 339
- ↑ 9,0 9,1 Khadduri (1978)
- ↑ Schimmel (1992) p.65
- ↑ Blain, Virginia, et al.