Vita Christi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Vita Christi

Vita Christi (latín: Vida de Cristo) é unha obra literaria de Isabel de Villena, editada en 1497.

Historia[editar | editar a fonte]

A obra narra a vida de Xesús Cristo a partir de personaxes femininos que compartían a súa vida. Considérase a primeira obra literaria valenciana protofeminista e foi editada por primeira vez por Aldonça de Montsoriu, a abadesa que sucedeu a autora no cargo. De todos os Vitae Christi, que circularon durante a época por Europa, o de Isabel de Villena é sen dúbida un dos de maior calidade grazas á súa enorme creatividade e valiosa achega feminina, tendo maior éxito editorial que Tirant lo Blanc.[1][2][3][4] Posteriormente, o libro foi publicado por Lope de Roca en Valencia, seguido por edicións posteriores na mesma cidade en 1513 e en Barcelona o 1527, adornadas con xilografías.

Contido da obra[editar | editar a fonte]

Como adianta o título en latín, trátase dunha narración sobre a vida de Xesucristo; con todo, Isabel de Villena non fai unha biografía en sentido estrito de Xesús, posto que mostra fundamentalmente a relación deste coas mulleres dende unha perspectiva case feminista e moi avanzada para a súa época.[Cómpre referencia]

O Vita Christi considerouse como unha reacción á publicación, uns anos antes, da obra misógina Espill, de Jaume Roig.[5] Ambos os autores probablemente coñecíanse, dada a relación que Jaume Roig tivo co Mosteiro da Trindade, onde Isabel era abadesa.

Destinado á edificación das súas monxas, Isabel escribiu nun estilo persoal e sinxelo, que con todo deixa entrever unha nada desdeñable formación cultural.[1] Así mesmo, Vita Christi alterna momentos de culta elocución con outros chispeantes de expresividade pola aplicación de vocábulos comúns, que dan unha singular viveza á súa prosa.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Literatura". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Literatura. Editorial Prensa Valenciana. 
  2. Montserrat Duch Plana, Isabel Segura Soriano, Meritxell Ferré Baldrich, Annachiara Del Prete, La història de les dones i el gènere, Universitat Rovira i Virgili, 2013.
  3. Isabel Segura Soriano, Dones i societat a Catalunya, a Diversia, número 8, novembre de l'any 2015, editat per la Universitat Pompeu Fabra (català)
  4. El Vita Christi de Sor Isabel de Villena d'Albert-Guillem Hauf (IEC, IIFV, AVL, Univ.
  5. "L'Espill". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Literatura. Editorial Prensa Valenciana. 
  6. "Popularismo". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Literatura. Editorial Prensa Valenciana. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]