Saltar ao contido

Programa Copérnico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Programa Copérnico
Logo
Tipoprograma gobernamental e organización
Propósitomonitoramento ambiental
Campo de traballoobservación terrestre
Data de fundación1998
Nomeado en referencia aNicolao Copérnico
Na rede
http://ec.europa.eu/growth/sectors/space/copernicus/
Facebook: CopernicusEU Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O programa Copérnico, Copernicus, anteriormente chamado Global Monitoring for Environment and Security (GMES), é un proxecto creado conxuntamente pola Axencia Espacial Europea (ESA) e pola Unión Europea a través da Axencia Europea do Medio Ambiente, que pretende lograr unha completa, continua e autónoma capacidade de observación terrestre de alta calidade con resultados accesibles libremente pola comunidade científica ou calquera outra persoa interesada. Un dos servizos que ofrece é o Servizo de Cambio Climático Copernicus (C3S), centrado no monitoreo e proxeccións climáticas. O obxectivo xeral é prover de información exacta, fiable e continua, para, entre outras cousas, mellorar a xestión e conservación do medio ambiente, comprender e mitigar os efectos do cambio climático e asegurar a seguridade civil. Pretende agrupar diferentes fontes de información, satélites ambientais e bases terrestres, para proporcionar unha visión global do "estado de saúde" da Terra.

Foto da península italiana e Mediterráneo tomada polo satélite Sentinel-3A coa súa cámara para oceano e terra. A súa amplitude de toma é de 1270 km.
Foto da península italiana e Mediterráneo tomada polo satélite Sentinel-3A coa súa cámara para océano e terra. A súa amplitude de toma é de 1270 km.

O custo do programa de 1998 a 2020 estímase en 6700 millóns de euros, dos que uns 4300 M€ pertencen ao período 2014-2020 e serán compartidos entre a UE (2/3) e a ESA (1/3), cuns beneficios estimados en 30 000 millóns de euros para 2030.[1] A ESA, como patrocinador principal, levou a cabo a maior parte do deseño, e supervisa e cofinancia o desenvolvemento das misións Sentinel, que consisten en polo menos dous satélites cada unha. O programa tamén proverá os instrumentos MTG (Meteosat de Terceira Xeración) e o MetOp-SG (Meteorological Operational Satellite - Second Generation), que forman parte da EUMETSAT. A ESA e a EUMETSAT coordinaranse para recoller información dun total duns 30 satélites para contribuír ao programa Copérnico.

A información xeoespacial proporcionada por Copérnico pode ser agrupada en seis temas interactivos:

Os dous últimos foron anunciados durante o Forum GMES en Lille en setembro de 2008.

O programa Copérnico apóiase en tres alicerces:

  • A compoñente espacial: o conxunto de satélites, xunto coa súa infraestrutura terrestre, que agrupa as 6 misións Sentinel e misións doutras axencias.
  • As medidassobre o terreo (rede de información terrestre e aerotransportada que colleita información sobre os océanos, a superficie dos continentes e a atmosfera).
  • Os servizos ós usuarios.

Envisat foi precedido dos dous satélites baixo a denominación de ERS, European_Remote_Sensing_satellite.

Durante décadas, institucións nacionais e europeas fixeron un esforzo substancial en I+D no campo da observación terrestre. Estes esforzos fixeron posibles grandes logros durante moito tempo, pero sempre estaban suxeitos ás limitacións das actividades I+D (por exemplo falta de soporte a longo prazo). A idea de sistema global e continuo de observación terrestre foi desenvolvida baixo o nome de Global Monitoring for Environment and Security (GMES), posteriormente renomeado como Copérnico despois de que a Unión Europea comezase a financiar e desenvolver o programa.

Entre 2014 e 2015 entrou na fase operacional. A clave para comezar coas operacións de Copérnico foi ter unha estrutura gobernamental e un modelo de negocio apropiado que apoie a continuidade e sostibilidade destes servizos. O programa Copérnico foi pasando de I+D a un servizo operacional nunha serie de pasos:

  • 2008 - 2010: servizos preoperacionais
  • 2011 - 2013: operacións iniciais
  • Dende 2014: servizos operacionais

A seguinte lista amosa acontecementos importantes na historia do programa:

  • 19 de maio de [1998]]: as institucións que participan no desenvolvemento das actividades espaciais en Europa dan a luz a GMES a través dunha declaración coñecida como "O Manifesto de Baveno". Nese momento, GMES significa "Monitoreo Global para a Seguridade Ambiental".
  • 1999: o nome é cambiado a "Monitoreo Global para o Medio Ambiente e a Seguridade", debido a que a Administración do Medio Ambiente da UE tamén ten implicacións en materia de seguridade.
  • 2001: co motivo do Cume de Gotemburgo, os Xefes de Estado e de Goberno solicitan que "a Comunidade contribúa a establecer, para 2008, unha capacidade europea de supervisión mundial do medio ambiente e seguridade".
  • Outubro de 2002: a natureza e o alcance da compoñente "Seguridade" de GMES defínense como a prevención e resposta ás crises relacionadas co risco natural e tecnolóxico, a axuda humanitaria e a cooperación internacional, o seguimento do cumprimento dos tratados internacionais de prevención de conflitos, as tarefas de mantemento da paz e a vixilancia das fronteiras da UE.
  • Febreiro de 2004: a comunicación da Comisión "GMES: Establecemento dunha capacidade GMES para 2008" introduce un Plan de Acción destinado a establecer unha capacidade GMES activa para 2008. En 2004 tamén se asina un Acordo Marco entre a UE e a ESA, proporcionando así a compoñente espacial de GMES.
  • Maio de 2005: a comunicación da Comisión "GMES: do concepto á realidade" establece as prioridades para a implantación dos servizos GMES en 2008, centrándose inicialmente nos servizos de vixilancia da terra, vixilancia marítima e resposta a emerxencias, tamén coñecidos como Fast Track Services (FTS). Espérase que os servizos posteriores, tamén coñecidos como Servizos Piloto, aborden o seguimento da atmosfera, a seguridade e o cambio climático.
  • Xuño de 2006: a CE establece a Mesa GMES, co principal obxectivo de asegurar a fiscalización dos servizos prioritarios para 2008. Outros obxectivos desta Mesa son abordar as cuestións da estrutura de goberno de GMES e a sostibilidade financeira a longo prazo do sistema.
  • Maio de 2007: adopción da Comunicación de Política Espacial Europea, recoñecendo a GMES como referente da Política Espacial.
  • Setembro de 2008: lanzamento oficial dos tres servizos FTS e dous servizos Piloto na súa versión preoperacional con motivo do GMES Forum celebrado en Lille, (Francia).
  • Novembro de 2008: a Comunicación da Comisión "GMES: Preocupámonos por un planeta máis seguro" establece unha base para futuros debates sobre o financiamento, a infraestrutura operacional e a xestión eficaz de GMES.
  • Maio de 2009: a proposta de Regulamento da Comisión sobre o programa europeo de observación da Terra (GMES) e as súas operacións iniciais (2011-2013) propón unha base xurídica para o programa GMES e o financiamento comunitario das súas operacións iniciais.
  • Novembro de 2010: entra en vigor o Regulamento sobre "o Programa Europeo de Observación da Terra (GMES) e as súas operacións iniciais (2011-2013)".
  • Xuño de 2011: a Comisión presenta a súa proposta para o próximo marco financeiro plurianual (MFP) correspondente ao período 2014-2020 (co lema "Un orzamento para Europa 2020"). Neste documento, a Comisión propón prever o financiamento do programa GMES fóra do marco financeiro plurianual despois de 2014.
  • Novembro de 2011: A Comisión de Comunicacións sobre o GMES e as súas operacións (a partir de 2014)" presenta as propostas da Comisión para o futuro financiamento, goberno e funcionamento do programa GMES para o período 2014-2020. A Comisión propón a creación dun fondo GMES específico, similar ao modelo elixido para o Fondo Europeo de Desenvolvemento, con contribucións financeiras de todos os Estados membros, sobre a base da súa Renda Nacional Bruta (RNB).
  • Decembro de 2012: a Comisión anuncia o cambio de nome a Copérnico.
  • Outubro de 2014: a ESA e a Comisión Europea establecen un orzamento para o Programa Copérnico cubrindo os anos 2014-2020 dentro do marco financeiro plurianual. O orzamento achega un total de 4300 millóns de euros, incluídos 3150 millóns de euros para a ESA para cubrir as operacións da rede de satélites e a construción dos restantes satélites.
  • Xaneiro de 2019: anuncio dun aumento do financiamento (96 M€) por acordo coa UE, acadando 3,24 mil millóns de € para o período 2014–21.[2]
  • Febreiro de 2023: Participación para a recuperación dun dos maiores meteoritos dos arredor de 45 000 recuperados na Antártida no último século (7,6 kg)[3], en colaboración co Real Instituto Belga de Ciencias Naturais.

Misións de observación terrestre

[editar | editar a fonte]

Misións Sentinel

[editar | editar a fonte]

A Axencia Espacial Europea está na actualidade desenvolvendo 6 (+1) misións baixo o programa Sentinel. As misións Sentinel inclúen observacións por radar e imaxes de amplo espectro para a vixilancia de continentes, océanos e a atmosfera. Cada misión Sentinel está constituída por 2 satélites para asegurar que cobren o establecido para cada misión, xerando unha robusta base de dados para os servizos Copernicus. É unha colaboración entre ESA, NASA, Eumetsat e a NOAA, con contribución da axencia espacial francesa CNES.[4]

Resumo dos obxectivos das misións Sentinel:

Sentinel 1

[editar | editar a fonte]

Sentinel-1 prové as imaxes de radar para a información meteorolóxica durante o día e a noite nos continentes e océanos. O primeiro, Sentinel-1A, foi lanzado con éxito o 3 de abril de 2014 pola axencia Arianespace nun foguete espacial Soiuz, desde o porto espacial de Kourou. O segundo, Sentinel-1B, foi lanzado da mesma forma o 25 de abril de 2016. Xa están contratados os dous seguintes (1C e 1D), que substituirán ós dous primeiros (1A e 1B).[5] De xeito recente (2019) foi usado para seguir a deformación do chan arredor do monte Agung despois da súa última erupción.[6]

A súa vida operativa estaba estimada en sete anos, superando as previsións.[5]

Sentinel 2

[editar | editar a fonte]

Sentinel-2 prové de imaxes ópticas de alta resolución para servizos terrestres (por exemplo, monitorización da vexetación, chan, zonas acuáticas interiores, ríos, lagos, e rexións costeiras). O primeiro, Sentinel-2A, foi lanzado o 23 de xuño de 2015. O segundo, Sentinel-2B, foi lanzado o 7 de marzo de 2017, ambos a bordo do vehículo de lanzamento Vega, desde o Porto espacial de Kourou. Cada satélite transporta unha cámara de alta resolución que toma imaxes da Terra en 13 bandas espectrais, incluído o infravermello.[7] A misión é usada para seguir os cambios no uso da terra e facer seguimento da vexetación.[8] Asemade, ten feito un conxunto de mapas de Europa nunha resolución de 10 m. Ambos satélites están situados en órbitas a uns 800 km de altura.[9]

Sentinel 3

[editar | editar a fonte]

Sentinel-3 prové de servizos globais de monitorización da Terra e os océanos. O primeiro, Sentinel-3A, foi lanzado o 16 de xaneiro de 2016 a bordo dun foguete Rokot desde o Cosmódromo de Plesetsk, en Rusia. O segundo, Sentinel-3B, foi lanzado da mesma forma o 25 de abril de 2018.

Sentinel 4

[editar | editar a fonte]

Sentinel-4 será un espectrómetro nas bandas visible e infravermello próximo, que será montado o satélite Meteosat de 3ª xeración (MTG) e será usado para a monitorización da atmosfera só da zona europea. Desde a súa órbita xeoestacionaria, devolverá datos cada hora sobre gases contaminantes, ozono, radiación ultravioleta e vixilancia climática en xeral. Será lanzado en 2021.

Sentinel 5 precursor (Copernicus Sentinel 5P)

[editar | editar a fonte]

Sentinel-5 precursor, conxunto previo ó Sentinel-5, ten como principal obxectivo substituír a falta de datos atmosféricos durante o período comprendido entre a perda do Envisat (en 2012) até a posta en órbita do Sentinel-5 en 2021. Foi lanzado en 2017 como primeiro satélite adicado a facer un seguimento atmosférico e subministrar de xeito regular imaxes da Terra para a detección de emisións.[7] As medidas son tomadas polo espectrómetro Tropomi. En 2020, melloras no tratamento de datos e a coordinación cos datos de Sentinel 2 permiten detectar, cuantificar e atribuír as fontes de metano atmosférico.

Sentinel 5

[editar | editar a fonte]

Sentinel-5 proverá de monitorización da composición atmosférica a nivel global e será embarcado a bordo do satélite MetOp de segunda xeración de EUMESAT, que será lanzado en 2021.

Sentinel 6

[editar | editar a fonte]

Sentinel-6, alcumado Michael Freilich, é un intento de substituír o altímetro de alta precisión do satélite Jason-3. Servirá para medir a topografía dos océanos a nivel mundial, unha indicador clave do cambio climático, e moi interesante para estudos oceanográficos. O seu lanzamento foi efectuado o 21 de novembro de 2020[10], dende Vandenberg, California, nun SpaceX Falcon 9 e provisto dos instrumentos altímetro radar Poseidon-4 de frecuencia dual C e Ku, e un radiómetro microondas.[11] Ten prevista unha vida útil de ao menos 10 anos. A súa altitude orbital será 1336 km, en órbitas cunha inclinación de 66 º, co que cubrirá o 95 % dos océanos cada 10 días. Traballa en tandem co Jason 3, significando unha necesidade de aproximación da posición na órbita de 30 s como máximo, isto é, 230 km de variación.[4]

En xuño de 2021 entrou en operación despois de seis meses de calibrado instrumental, tendo un erro de funcionamento estimado en 2 mm.[10]

A misión ROSE-L (Copernicus Radar Observation System for Europe in L-band) é un proxecto de vixilancia ambiental que está previsto que sexa lanzada en 2028, cunha duración de 7,5 anos.[12] Está previsto que sexa desenvolvida pola ESA e Thales Alenia Space. Subministrará información sobre bosques e cuberta terrestre, mellorando o coñecemento do ciclo do carbono na Terra.

  1. "ESA, Earth observation: first Copernicus satellite Sentinel 1A". European Commission. 
  2. esa. "New financial resources for Copernicus space component". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-01-22. 
  3. "Copernicus Sentinel-2 helps explorers unearth rare 7.6 kg meteorite in Antarctica - Copernicus Sentinel-2 helps explorers unearth rare 7.6 kg meteorite in Antarctica - Sentinel Online". sentinel.esa.int. Consultado o 2023-03-02. 
  4. 4,0 4,1 "Mission control ready for Sentinel liftoff". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-20. 
  5. 5,0 5,1 "First Copernicus satellite exceeds design working life". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-10-04. 
  6. esa. "Copernicus Sentinel-1 reveals shared plumbing led to Agung awakening". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-22. 
  7. 7,0 7,1 "Mapping high-resolution methane emissions from space". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-14. 
  8. "Northeast Kenya". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-08. 
  9. "Land-cover maps of Europe from the Cloud". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-20. 
  10. 10,0 10,1 "New sea-level monitoring satellite goes live". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-06-21. 
  11. "Sentinel-6". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-20. 
  12. "Contract signed for new Copernicus ROSE-L mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-04. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]