Sentinel-6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sentinel-6 Michael Freilich
Sentinel-6 Michael Freilich; lanzamento por un SpaceX.
TipoSatélite de observación da Terra
FabricanteAirbus Defence and Space
OrganizaciónESA / NASA / NOAA / EUMETSAT / NGA
Contratistas principaisThales Alenia Space
BusProteus
Sobrevoo deÓrbita terrestre baixa
Destino actualÓrbita terrestre baixa
Satélite deTerra
ÓrbitasTerra
Data de lanzamento21 de novembro de 2020
Sitio de lanzamentoComplexo de Lanzamento Espacial 4E, Base Aérea de Vandenberg, California, EUA
Duración da misiónPlaneado para 5 anos
Obxectivo da misiónMedición do nivel do mar global
NSSDC ID2020-088A
COSPAR2020-088A
Masa1.192 kg
Dimensións3.9 x 2.2 x 2.2 m
Potencia1100 W
Datos orbitais
Órbita de referenciaÓrbita terrestre baixa
Semieixo maior7,713.8 km
ExcentricidadePróxima a 0 (órbita circular)
Inclinación66.04 graos
Altura orbital1336 km
Período orbitalAproximadamente 112 minutos
Aterraxes planetarias
PlanetaTerra
https://sentinel-6.esa.int/


Copernicus Sentinel-6 Michael Freilich é unha das misións Sentinel do Programa Copérnico da ESA.[1] É un intento de substituír o altímetro de alta precisión do satélite Jason-3. Servirá para medir a topografía dos océanos a nivel mundial vía satélite, traballo que se leva facendo dende 1992[2] e é unha indicador clave do cambio climático, e moi interesante para estudos oceanográficos. Traballa en conxunto con servizos como o Copernicus Climate Change Service (C3S) para proporcionar unha visión máis completa e precisa dos cambios nos océanos e o clima da Terra.

O nome[editar | editar a fonte]

Michael Freilich contribuíu a que a NASA tivera colaboracións sólidas con científicos e axencias espaciais de todo o mundo. Foi un namorado da oceanografía e das ciencias da Terra.[2]

Datos[editar | editar a fonte]

O seu lanzamento produciuse o 21 de novembro de 2020 ás 17:17 GMT, dende Vandenberg, California, nun SpaceX Falcon 9 e provisto dos instrumentos altímetro radar Poseidon-4 (sucesor dos Poseidon dos Jason) de frecuencia dual C e Ku, e un radiómetro microondas.[3]

Ten prevista unha vida útil de ao menos 10 anos. A súa altitude orbital será 1336 km, en órbitas cunha inclinación de 66 º, co que cubrirá o 95 % dos océanos cada 10 días. Traballará en tandem co Jason 3, significando unha necesidade de aproximación da posición na órbita de 30 s como máximo, isto é, 230 km de variación.[4] Sentinel-6 transporta un paquete de instrumentos de posicionamento, incluído un sistema que pode usar sinais tanto de GPS como de Galileo para o seu posicionamento.[5]

A súa masa é de 1,2 toneladas.

Secuencia tras o lanzamento[editar | editar a fonte]

O seu lanzamento produciuse o 21 de novembro de 2020 ás 17:17 GMT (18:17 CET), e 2 minutos e 16 segundos despois apagouse o motor principal. Seguiu de xeito inmediato a separación da segunda etapa e o primeiro encendido do segundo motor. Despois, a primeira etapa da lanzadeira reusable Falcon 9 comezou o regreso automático á base para a súa aterraxe controlada.[6]

Ós 3 minutos, tras protexer o satélite ó atravesar a atmosfera, o cono de morro do vehículo de lanzamento separouse como refugallo.

Ós 8 minutos produciuse o apagado do motor da segunda etapa.

Ós 53 minutos foi o primeiro rearranque da segunda etapa durante 15 segundos.

Ós 58 minutos separouse o satélite.

Á 1 hora e 7 minutos comezou o despregue dos paneis solares.

Á 1 hora e 33 minutos (19:49 CET) foi o primeiro contacto coas estacións terrestres de Alasca. Comezo do funcionamento normal coa baixada de datos de telemetría.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

O 30 de novembro, o centro de operacións da ESA en Alemaña puxo en marcha o Poseidon-4, comezando a tomar medidas do nivel do mar (altimetría mariña).[5]

Con posterioridade, poucos días despois,fíxose cargo da xestión EUMETSAT.

Esta ilustración mostra o Sentinel-6 Michael Freilich en órbita cos seus paneis solares despregados. Como o satélite de vixilancia dos océanos máis recente do mundo, recollerá os datos máis precisos sobre o nivel do mar global e como os océanos están aumentando en resposta ao cambio climático. A misión tamén recollerá datos precisos de temperatura e humidade atmosféricas que axudarán a mellorar as previsións meteorolóxicas e os modelos climáticos.

O satélite usa o sistema de posicionamento europeo Galileo e o GPS dos EEUUpara mellorar o seu posicionamento e polo tanto, o resultado das súas medicións. O satélite usa dous aparellos 'Receptor Preciso de Determinación de Órbita' (Precise Orbit Determination Receiver, PODRIX) do tamaño dunha caixa de zapatos, fabricados por RUAG Space en Austria. O receptor contén a cuarta xeración do do circuíto integrado de aplicación específica avanzado GPS/Glonass (Advanced GPS/GLONASS Application Specific Integrated Circuit, AGGA-4) construído por Airbus co soporte da sección de microelectrónica da ESA.[7]

Xestión[editar | editar a fonte]

A ESA desenvolveu o altímetro radar de Poseidon-4 e todo o satélite Sentinel-6 Michael Freilich de Copernicus por conta da Comisión Europea e Eumetsat.

A propiedade foi transferida á Comisión Europea ó engalar. A ESA ocúpasese da órbita temperá e da planificación da verificación en órbita, así como do apoio ás operacións de voo de Eumetsat.

Eumetsat é responsable do desenvolvemento da parte terrestre e das operacións despois das fases de lanzamento e órbita temperá, procesado de datos e subministración de servizos e produtos para Europa.

A NASA responde do lanzamento, desenvolvemento do radiómetro de microondas, o retrorreflector láser e o receptor de ocultación de radio GNSS, a máis do apoio en terra e as operacións e procesamento de datos nos Estados Unidos.

A NASA e a NOAA comparten responsabilidade para distribuír produtos de datos nos Estados Unidos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vandenberg Air Force Base, California". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Lanzado el nuevo satélite de Copernicus que vigilará la subida del nivel del mar". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22. 
  3. "Sentinel-6". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-20. 
  4. "Mission control ready for Sentinel liftoff". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-20. 
  5. 5,0 5,1 "Los primeros resultados del satélite de vigilancia del nivel del mar superan las expectativas". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-10. 
  6. "Sigue en directo: lanzamiento de Sentinel-6 Michael Freilich de Copernicus". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-11-22. 
  7. "Galileo enhancing Sentinel-6’s sea level monitoring mission". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]