Saltar ao contido

Envisat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Envisat
Modelo do Envisat a escala 1:1.
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónESA
Satélite deTerra
Data de lanzamento1 de marzo de 2002, 1:07 UTC[1][2][3]
Foguete portadorAriane 5[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[2][5]
Obxectivo da misiónInvestigación do medio ambiente terrestre.[2][5]
NSSDC ID2002-009A
Masa8211 kg[4]
Dimensións2,5 m x 2,5 m x 10 m[2]
Potencia6,5 kW[2]
Datos orbitais
Semieixo maior7144,9 km[1]
Inclinación98,5 graos[1]
Apoapse774,6 km[1]
Periapse773,2 km[1]

Envisat (acrónimo de Environmental Satellite) é un satélite artificial da ESA lanzado o 1 de marzo de 2002 desde o centro Espacial de Kourou mediante un foguete Ariane 5.

Características

[editar | editar a fonte]

Envisat está adicado a estudar a superficie terrestre, a atmosfera, o xeo e os océanos e as interaccións entre eles, o quentamento global, o burato de ozono e a desertización usando dez instrumentos que fan medicións e toman imaxes nunha ampla banda do espectro electromagnético, desde radiofrecuencia ata o ultravioleta.[2][3]

A alimentación eléctrica é proporcinada por un panel solar de 4 x 12 metros e que produce unha potencia de ata 6,5 kW. O satélite leva a bordo tres grabadoras de cinta para almacenar datos, de 30 Gbits de capacidade cada unha, e unha grabadora de estado sólido de 60 Gbits de capacidade. As comunicacións teñen lugar nas bandas X e Ka a taxas de ata 100 Mbits/s.[2]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Envisar leva dez instrumentos a bordo:[2]

  • ASAR (Advanced Synthetic Aperture Radar): radar de apertura sintética que funciona con feixes a 5,33 GHz e proporciona imaxes cunha resolución menor a 30 metros en franxas cun ancho de máis de 100 km.[2]
  • GOOS (Global Ozone Monitoring by Occultation of Stars): mide o ozono atmosférico e outros gases traza en alturas de entre 20 e 100 km mediante a observación a través da atmosfera dunha entre 25 estrelas posibles e medindo o seu espectro en diferentes bandas para cuantificar a absorción que os gases atmosféricos producen no mesmo.[2]
  • MERIS (Medium Resolution Imaging Spectrometer): espectrómetro adicado a observar a pigmentación e vexetación oceánicas e a nubosidade sobre os mares na banda entre 390 e 1040 nanómetros. Usa cinco cámaras e o ancho da franxa que observa é de 1150 km.[2]
  • MIPAS (Michelson Interferometer for Passive Atmospheric Sounding): interferómetro de transformada de Fourier para medir vinte gases traza, entre eles CFC e óxidos de nitróxeno, mediante a súa emisión na franxa entre 4,15 e 14,6 micrómetros.[2]
  • RA-2 (Radar Altimeter 2): radar e altímetro que funciona cunha potencia de 160 vatios e a unhas frecuencias de 13,57 GHz e 3,2 GHz. Mide as alturas de terras e océanos cunha precisión de 4 cm.[2]
  • MWR (MicroWave Radiometer): radiómetro para medi-la humidade atmosférica. Traballa a unhas frecuencias de 28,8 e 36,5 GHz.[2]
  • LRR (Laser Retro-Reflector): reflicte pulsos láser emitidos desde estacións terrestres para proporcionar información sobre a altura do satélite.[2]
  • AATSR (Advanced Along Track Scanning Radiometer): radiómetro usado para medi-las temperaturas superficiais dos océanos cunha precisión de 0,5 K.[2]
  • DORIS (Doppler Orbitography and Radio-positioning, Integrated by Satellite): receptor usado para a determinación precisa da órbita mediante a medición do efecto Doppler en transmisións desde bases terrestres de microondas a lonxitudes de onda de 2,036 GHz e 401,25 MHz. Con este método a posición do satélite pódese establecer cunha precisión de 1 metro e a súa velocidade cunha precisión de 2,5 mm/s.[2]
  • SCIAMACHY (SCanning Image Absorption spectroMeter for Atmospheric CartograpHY): usado para analizar radiación emitida e dispersada pola estratosfera e a troposfera na banda entre 240 e 2400 nm a través de oito canais.[2]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ENVISAT" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 NASA (4 de novembro de 2011). "Envisat 1" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (03-87784): 3. 9 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Envisat 1" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Envisat" (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]