Saltar ao contido

Axencia Europea do Medio Ambiente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axencia Europea do Medio Ambiente

Nome curtoAEE e EEA Editar o valor en Wikidata
Tipodecentralised agency of the European Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Director/aHans Bruyninckx Editar o valor en Wikidata
Entidades
Data
Fundación7 de maio de 1990 e 1990 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 55°41′N 12°35′L / 55.68, 12.59
PaísDinamarca Editar o valor en Wikidata
EnderezoKongens Nytorv 6, 1050 Copenhagen K Editar o valor en Wikidata
SedeKongens Nytorv 6 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
XurisdiciónUnión Europea Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBeea.europa.eu Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: European.Environment.Agency Twitter: euenvironment Instagram: onehealth_eu LinkedIn: european-environment-agency Youtube: UCII_6TPyf8QHiEZzm8ruStQ Flickr: 45497914@N05 GitHub: eea Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Edificio da Axencia Europea do Medio Ambiente en Copenhague.

A Axencia Europea do Medio Ambiente (en inglés: European Environment Agency; EEA) é a axencia da Unión Europea que achega información independente sobre o medio ambiente. A súa misión é a recollida, elaboración e difusión de información sobre a situación e a evolución do medio ambiente a escala europea.

Publica catro tipos de informes, entre os cales salientan os «Indicadores ambientais», considerados a principal contribución da Axencia. Os principais eidos de traballo da AEMA son o cambio climático, a biodiversidade e a produción e consumo sostible, aínda que a área de actividade abrangue un amplo espectro en liña cos principais retos ambientais europeos.

Foi creada o 7 de maio de 1990 co pulo do Consello da Unión Europea, mais non estivo operativa até o ano 1994. Ten a súa sede na cidade de Copenhaguen, Dinamarca.

No ano 2002, 12 dos países candidatos a ingresar na Unión Europea entraron a formar parte deste organismo, co cal a Axencia converteuse no primeiro organismo da UE en acoller estes países como membros. O consello de administración da Axencia nomeou a británica Jacqueline McGlade como directora executiva no ano 2004. Con anterioridade ocupou este cargo o ambientalista español Domingo Jiménez Beltrán, que foi o primeiro director da institución.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Axencias da Unión Europea
Control da PescaCalidade de vida e de traballoCamiños de ferroDereitos fundamentaisDrogasEnfermidadesFormaciónFormación profesionalFronteiras exterioresIgualdade de xéneroMedio ambienteMenciñasMercado interiorNavegación por satéliteProdutos químicosReconstruciónAxencia Europea de Seguridade AéreaSeguridade alimentariaSeguridade laboralSeguridade marítimaSeguridade das redesTraduciónVariedades vexetais
Axencia Europea de DefensaInstituto Europeo de Estudos verbo da SeguridadeCentro da Unión Europea para os Satélites
Instituto da Policía EuropeaEuropolEurojust