Prochlorococcus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Prochlorococcus é un xénero de cianobacterias oceánicas moi miúdas (0.6 µm) e cunha pigmentación por clorofila b, que é pouco habitual. Estas bacterias pertencen ao picoplancto fotosintético e son probablemente os organismos fotosintetizadores máis abundantes da Terra. Os microorganismos do xénero Prochlorococcus' están entre os principais produtores primarios do océano e responsables do 50% do osíxeno atmosférico[1]. A análise de 12 secuencias xenómicas desta especies mostran que hai 1100 xenes en común en tódalas liñas e que o tamaño medio do xenoma é de 2000 xenes[1]. Contrapóñase isto ao feito de que en algas eucariotas hai arredor de 10000 xenes[2].

Descuberta[editar | editar a fonte]

Malia que se tiñan dado varias análises anteriores onde se informaba de cianobacterias de pequeno tamaño con clorofila-b nos océanos[3][4], Prochlorococcus identifícaa no ano 1986[5] Sallie W. (Penny) Chisholm do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Robert J. Olson do Woods Hole Oceanographic Institution e outros colaboradores do mar dos Argazos empregando a citometría de fluxo. O primeiro cultivo do Prochlorococcus fíxose primeiro no mar dos Argazos no 1988 e despois no mar Mediterráneo. O nome de Prochlorococcus foi asignado por se pensar de primeiras que había unha relación co Prochloron e outras bacterias que conteñen ca clorofila-b, as que se designan como proclorófitos. Arestora sábese que os coñecidos como proclorófitos son parte, dentro do subgrupo das cianobacterias, de tres grupos de filoxenéticos separados.

A única especies descrita ata o de agora do xénero é Prochlorococcus marinus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Munn, C. Marine Microbiology: ecology and applications Second Ed. Garland Science, 2011.
  2. Kettler GC, Martiny AC, Huang K; et al. (2007). "Patterns and Implications of Gene Gain and Loss in the Evolution of Prochlorococcus". PLoS Genetics 3 (12): e231. PMC 2151091. PMID 18159947. doi:10.1371/journal.pgen.0030231. 
  3. P. W. Johnson & J. M. Sieburth (1979). "Chroococcoid cyanobacteria in the sea: a ubiquitous and diverse phototrophic biomass". Limnology and Oceanography 24 (5): 928–935. doi:10.4319/lo.1979.24.5.0928. 
  4. W. W. C. Gieskes & G. W. Kraay (1983). "Unknown chlorophyll a derivatives in the North Sea and the tropical Atlantic Ocean revealed by HPLC analysis". Limnology and Oceanography 28 (4): 757–766. doi:10.4319/lo.1983.28.4.0757. 
  5. S. W. Chisholm, R. J. Olson, E. R. Zettler, J. Waterbury, R. Goericke & N. Welschmeyer (1988). "A novel free-living prochlorophyte occurs at high cell concentrations in the oceanic euphotic zone". Nature 334 (6180): 340–343. doi:10.1038/334340a0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]