Premio de tradución Fray Luis de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio de Traducción Fray Luis de León (en galego, Premio de Tradución Frei Luis de León) foi o premio nacional español á mellor tradución dunha obra, convocado entre 1956 e 1983 (con dúas etapas, a do Franquismo e a democrática). Foi substituído en 1984 polo Premio Nacional de Tradución de España. O premio recoñecía a mellor obra traducida no ano anterior ó da convocatoria.

O nome homenaxea o poeta español Luis de León, tradutor de Virxilio e do Cantar dos cantares ó castelán.

Galardoados[editar | editar a fonte]

Todas as traducións galardoadas foron versións vertidas ó castelán, a diferenza do Premio Nacional de Tradución de España, que recoñece as traducións ó galego, éuscaro e catalán.

En 1977 non se convocou. A partir do ano 1978 recoñecéronse varios títulos ex-aequo segundo as linguas de partida da tradución (xermánica, románica, eslava...):

A partir de 1984, véxase a listaxe de galardoados en Premio Nacional de Tradución de España.