Rosa Cobo Bedía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rosa Cobo Bedía
Rosa Cobo 2018.jpg
Nome completoRosa Cobo Bedía
Nacemento17 de decembro de 1956
 Cantabria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupacióncatedrática, socióloga e escritora
editar datos en Wikidata ]

Rosa Cobo Bedía, nada en Cantabria o 17 de decembro de 1956, é unha teórica feminista española, escritora, profesora titular de Socioloxía do Xénero na Universidade da Coruña e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da mesma universidade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía en 1981 pola Universidade Complutense de Madrid, presentou a memoria de licenciatura para obter o grao de licenciatura en 1983, co título El principio de Renaturalización en Jean Jacques Rousseau. En 1992 leu a súa tese doutoral sobre Democracia y Patriarcado en Jean Jacques Rousseau, dirixida pola Doutora Celia Amorós e cualificada como apto cum laude por unanimidade.

Obtivo o premio de divulgación feminista “Carmen de Burgos” ao mellor artigo publicado no ano 1997, outorgado pola Asociación de Estudios Históricos sobre la Mujer da Universidade de Málaga.[2]

Foi fundadora e primeira directora do Seminario Interdisciplinar de Estudos Feministas da Universidade da Coruña entre os anos 2000 e 2003. Tamén dirixiu o máster sobre Xénero e Políticas de Igualdade desde 2005 até o 2008. A súa liña de investigación principal é a teoría feminista e a socioloxía do xénero.

Foi membro do Equipo Asesor da Unidade de Mulleres e Ciencia (UMYC) do Ministerio de Educación e Ciencia na Secretaría Xeral de Política Científica e Tecnolóxica. No ano 2008 foi asesora do Ministerio de Igualdade. Impartiu cursos e conferencias sobre socioloxía do xénero e teoría feminista en España e en distintos países de América Latina.

Dirixiu un proxecto sobre Prostitución e Políticas Públicas financiado polo Instituto da Muller. Na actualidade dirixe o curso de Historia da Teoría Feminista na Universidade da Coruña e un máster en Igualdade e Equidade no Desenvolvemento de Cooperación na Universidade de Vic.

En 2017 recibiu o Premio Igualdade “Ernestina Otero” do Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[3]

En 2018 recibiu o premio Comadre de Ouro outorgado polo Faladoiro Feminista Lles Comadres.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • 2017: La prostitución en el corazón del capitalismo, Editorial Libros de la Catarata, Madrid
  • 2011: Hacia una nueva política sexual. Las mujeres ante la reacción patriarcal Editorial Libros de la Catarata, Madrid.[4]
  • 1995: Fundamentos del patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau Editorial Cátedra, Madrid
  • 1991: Las mujeres españolas: lo privado y lo público (coautora), Colección ´Estudios y Encuestas´, Centro de Investigaciones Sociológicas, CIS,nº 4.
  • 1990: Situación social de los viejos en España (coautora), Colección ´Estudios y Encuestas´, Centro de Investigaciones Sociológicas, CIS, nº 21.

Edicións de libros[editar | editar a fonte]

  • 2008: Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas (Ed.) Editorial Libros de la Catarata, col. Mayor, Madrid.[5]
  • 2006: Interculturalidad, feminismo y educación (Ed.) Editorial Libros de la Catarata, Madrid.[6]

Colaboracións colectivas[editar | editar a fonte]

  • 2014: “¿Prácticas culturales o prácticas patriarcales?”, con Edurne Chocarro de Luis e María del Carmen Sáenz Berceo (eds.) Oriente y occidente: la construcción de la subjetividad femenina, Universidade da Rioxa.
  • 2013: “Las políticas de género y el género en la política”, con Capitolina Díaz Martínez e Sandra Dema Moreno (Coord.) Sociología y género, editorial Tecnos
  • 2010: “Elogio del feminismo (y crítica de los patriarcados contemporáneos)”, con Marián López Fdez. Cao e Luisa Posada Kubissa (Eds.), Pensar con Celia Amorós, ed. Fundamentos, Madrid, Páxs. 45-54.
  • 2009: “Debates teóricos sobre democracia paritaria”, con Gloria Angeles, Franco Rubio e Ana Iriarte Goñi, Nuevas rutas para Clío: el impacto de las teóricas francesas en la historiografía feminista española, Icaria
  • 2009: “El género en las ciencias sociales”, con Patricia Laurenzo, María Luisa Maqueda e Ana Rubio (Coord.) Género, violencia y derecho, Ediciones del Puerto, Buenos Aires (Argentina).
  • 2008: “La democracia moderna y la exclusión de las mujeres”, con Fernanda Henriques (coord.), Género, diversidade e cidadanía, Ediçoes Colibrí/NEHM/CIDEHUS-UE, Lisboa.
  • 2007: “Multiculturalismo y nuevas formas de violencia patriarcal”, con Celia Amorós e Luisa Posada Kubissa (Comp.), Feminismo y multiculturalismo, Ed. Instituto de la Mujer, Colección Debate, Madrid. Páx. 71-84.
  • 2006: “Izquierda y feminismo: ni juntos ni separados”, con Esperanza Bosch Fiol, Victoria Aurora Ferrer Pérez e Capilla Navarro Guzmán (coord.) Los feminismos como herramientas de cambio social, Universidade das Illas Baleares
  • 2005: “Género, feminismo y teoría política” (Coautora). Con Eric Herrán (Coord.), Filosofía Política Contemporánea, UNAM (Universidade Nacional Autónoma de México), México.
  • 2003: “Democracia paritaria y radicalización de la igualdad”. Con VV.AA. Seminario “Balance y perspectivas de los estudios de las mujeres y del género”, Ed. Instituto de la Mujer (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais), Madrid.
  • 2001: "Algunas reflexiones sobre la identidad política del movimiento feminista", con Amelia Valcárcel e Rosalía Romero (eds.), Pensadoras del Siglo XX, colección Hypatia 2, Instituto Andaluz de la Mujer, Sevilla.
  • 1998: “Diversidad cultural y multiculturalismo” (Coautora), en Amnistía Internacional, La mutilación genital femenina y los derechos humanos, Madrid, Edai.
  • 1997: “Las implicaciones políticas del feminismo” (coautora), en Filosofía política I. Ideas políticas y movimientos sociales, (edición de Fernando Quesada) Trotta/CSIC.
  • 1995: “Género”, con Celia Amorós (Dir.): Diez palabras clave sobre mujer, Editorial Verbo Divino, Navarra.
  • 1994: “La construcción social de lo femenino en Mary Wollstonecraft”, en Historia de la Teoría Feminista. Instituto de Investigaciones Feministas, Universidade Complutense de Madrid/Comunidade Autónoma de Madrid.

Artigos de revista[editar | editar a fonte]

  • 2015: “La izquierda y el feminismo", en eldiario.es, 03/02/2015.[7]
  • 2014: “¿Qué hacer con la prostitución?, en eldiario.es, 11/10/2014.[8]
  • 2012: “Las paradojas de la igualdad en Jean Jacques Rousseau”, en Avances del Cesor, Universidade de Rosario/CONICET, Rosario, Año IX, nº 9 (Arxentina)
  • 2011: “¿Educación para la libertad?”, en Revista interuniversitaria de formación del profesorado, nº 71.[9]
  • 2009: “Antinatura”, en Festa da palabra silenciada, nº 25.
  • 2008: “Patriarcado y feminismo: del dominio a la rebelión”, en El valor de la Palabra. Revista anual de pensamiento. Hacia la ciudadanía del siglo XXI, nº 6. Ed. Fundación Fernando Buesa Blanco, Vitoria/Gasteiz.
  • 2007: “Discusións en torno ao concepto de patriarcado”, en Festa da palabra silenciada, nº 23.
  • 2006: “La ética de los cuidados y los tiempos de las mujeres”, en Crítica (Madrid), nº 933, marzo.
  • 2005: “El género en las ciencias sociales”, en Cuadernos de Trabajo Social.
  • 2004: “Sexo, democracia y poder político”, en Feminismos (Alacant), nº 3 de xuño.
  • 2002: “Democracia paritaria y sujeto político feminista”, en Anales de la cátedra Francisco Suárez (Granada), nº 36.
  • 2001: “Feminismo y democracia paritaria”, en El Viejo Topo, (Barcelona), novembro.
  • 2000: “Género y teoría social”, en RIS. Revista Internacional de Sociología.
  • 1998: “Las mujeres en Europa: entre la igualdad y la exclusión”, en Crítica (Madrid), nº 855.
  • 1997: “Mujeres y ciudadanas”. En El viejo topo (Barcelona), novembro.
  • 1996: “Sociedad, democracia y patriarcado en Jean Jacques Rousseau”, en Papers. Revista de Sociología (Barcelona), nº 50.
  • 1995: “La democracia moderna y la exclusión de las mujeres”, en Mientras Tanto (Barcelona).
  • 1993: “Análisis de género y educación: raíces de una desigualdad”, en Cuadernos de Cooperación Educativa (Sevilla), nº 3.
  • 1990: “Mary Wollstonecraft: un caso de feminismo ilustrado”, en REIS. Revista de Investigaciones Sociológicas, CIS, (Madrid), nº 48.
  • 1986: “El problema de la renaturalización en Jean Jacques Rousseau”, en REP. Revista de Estudios Políticos, (Madrid), nº 50.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Centro de Estudos de Xénero e Feministas". Consultado o 8 de xaneiro de 2015. [Ligazón morta]
  2. "Memoria Premio Carmen de Burgos". Consultado o 8 de xaneiro de 2015. 
  3. Vigo, Faro de. "El Consello Municipal da Muller otorga el premio Ernestina Otero a la profesora Rosa Cobo". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-03-27. 
  4. "Barbarie y patriarcado caminan de la mano. Recensión de Celia Amorós Puente, en Babelia". Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 
  5. "Recensión de "Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas", Revista Universitaria de formaciín del profesorado". Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  6. "Interculturalidad, feminismo y educación, mujeres en red". Consultado o 9 de xaneiro de 2015. 
  7. "La izquierda y el feminismo". Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  8. "¿Qué hacer con la prostitución?". Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 
  9. "¿Educación para la libertad?". Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]