África González Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
África González Fernández
Nacemento1962
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Alcalá
Ocupaciónimmunóloga, médica e investigadora
Na rede
LinkedIn: áfrica-gonzález-fernández-55a1853a Dialnet: 4025845 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

África González Fernández, nada en Madrid, é unha médica española, especialista en inmunoloxía e traballa en nanotecnoloxía. É catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, cofundadora da empresa Nanoinmunotech e Académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. Desenvolveu un biosensor para identificar células tumorais.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde pequena gustábanlle as ciencias, foi animada polo seu pai a escoller estes estudos ao ter a súa irmá unha enfermidade rara chamada síndrome de Marfan.[2][3]

Viviu até os 24 anos en Alcalá de Henares, onde comezou a carreira de Medicina na Universidade de Alcalá de Henares (1980-1986) e foi Premio Extraordinario.[2] Posteriormente, viviu en Madrid, en Cambridge e na Ramallosa (Nigrán) onde reside dende que conseguiu a praza.

É catedrática en Medicina, especializada en inmunoloxía. Realizou a especialidade MIR de Inmunoloxía durante os anos 1987-1991 no Servizo de Inmunoloxía da Clínica Puerta de Hierro de Madrid. En 1991, publicou a súa tese de doutoramento en Medicina e Cirurxía na Universidade de Alcalá de Henares, titulada "Mecanismo de proliferación y muerte celular en el timo humano", supervisada polos doutores Francisco Gambón Deza e Fernando Díaz Espada. Posteriormente, marchou a Inglaterra, onde traballou no Laboratorio de Bioloxía Molecular do Medical Research Council de Cambridge, baixo a dirección do premio Nobel de Medicina (pola técnica de xeración de anticorpos monoclonais), César Milstein.[2] Despois de 4 anos en Inglaterra, conseguiu unha bolsa de retorno europeo e, en 1996, incorpórase á Universidade de Vigo, onde crea o primeiro grupo de investigación, das tres universidades galegas, na área de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e no desenvolvemento de vacinas (para E. coli, tuberculose e hepatite), en nanomedicina (no estudo da toxicidade e inmunoxenicidade dos nanomateriais) e no desenvolvemento dun biosensor para detectar células tumorais[4] e na xeración de anticorpos monoclonais con distintas aplicacións. É catedrática da Universidade de Vigo desde 2009.[2]​​

Entre 2009 e 2019, dirixiu o Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO[5] da Universidade de Vigo onde segue a traballar[6] e foi cofundadora da spin-off NanoImnunoTech S.L., creada en 2009 por un grupo de estudantes das universidades de Vigo e Universidade de Zaragoza, centrada na nanotecnoloxía.[7]

En 2014, formou parte do Consello Galego de Saúde, en representación da Universidade de Vigo.[8] En 2019, foi finalista do Premio da UE ás Mulleres Innovadoras. Foi presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía entre 2016 e 2020,[2][5] e integrante das plataformas europeas e españolas de nanomedicina, colaborando con varios grupos europeos e estadounidenses.[3] Realizou conferencias en foros, escribe libros e publicou nas revistas Nature, Cell, PNAS e ACS Nano.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 2016-2020. Presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía.[5]
  • 2018. Premio Mujer Científica do IES Val Miñor.[9]
  • 2018. Avatar de Cómic: Inmuno Power. Personaje creado polos alumnos do CEIP de Laredo, en Redondela (Galicia).[2]
  • 2019. Finalista Premios europeos en "Women Innovators".​​​​[10][11]
  • 2019. Premio Traxectoria Profesional, outorgado pola Asociación de Empresarias Galicia.[12]
  • 2019. Académica da Real Academia de Farmacia de Galicia.[4][13]
  • 2022. Premio de Igualdade Ernestina Otero, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CEIP de Laredo (ed.). "ÁFRICA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ". Consultado o 13 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Melgarejo, Sandra (3 de febreiro de 2018). ""Si tuviera superpoderes me gustaría clonarme"". redaccionmedica.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Echave, Javier (27 de febreiro de 2018). "Entrevista a África González". aebesp.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Redacción (22 de xaneiro de 2019). "La Academia de Farmacia de Galicia reconoce la trayectoria de África González". farodevigo.es. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "África González Fernández". executivasdegalicia.org (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  6. "Immunology Group". uvigo.es (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  7. "Africa González Fernández. Valeria Grazú". innovatia83.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  8. "ORDE do 12 de xuño de 2014 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Galego de Saúde.". xunta.gal. 18 de xuño de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  9. "África González, galardonada con el premio Mujer Científica 2018 del IES Val Miñor". valminortv.com (en castelán). 20 de febreiro de 2018. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  10. Barroso, Gonzalo (6 de febreiro de 2017). "África González, finalista al Premio europeo a las Mujeres Innovadoras". innovaspain.com (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  11. Fuente, María Jesús (14 de maio de 2019). "África González: «Galicia está tirando con fuerza de la nanotecnología, hay buenos mimbres»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  12. "Empresarias Galicia reconoce a África González y Cristina Fernández". mujeremprendedora.net (en castelán). 5 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2020. Consultado o 20 de febreiro de 2021.  Arquivado 23 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
  13. Redacción (26 de setembro de 2019). "África González: "Asistimos a una revolución terapéutica; el futuro de la inmunoterapia está aún por llegar"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  14. "El Concello concede a África González el premio Ernestina Otero". Atlántico (en castelán). 2022-03-01. Consultado o 2022-03-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]