Saltar ao contido

Estación de Waterloo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Waterloo

Tipoestação central (pt) Traducir e estación ferroviaria sen saída Editar o valor en Wikidata
EpónimoPonte de Waterloo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deLondon station group (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estado de usoen funcionamento Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aNetwork Rail (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Propietario/aNetwork Rail (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración11 de xullo de 1848 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Estación de intercambioWaterloo, London Waterloo East railway station (en) Traducir, Embankment, London Eye Pier (en) Traducir e Festival Pier (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Estación adxacenteVauxhall Editar o valor en Wikidata
Liñas ferroviariasSouth Western Main Line (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de plataformas22 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 51°30′11″N 0°06′48″O / 51.5031, -0.1132
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsLondres
Condado cerimonialGran Londres
BoroughLambeth Editar o valor en Wikidata
Altitude15 m Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBnationalrail.co.uk… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
Vestíbulo da estación de Waterloo
Reloxo de catro caras no vestíbulo de Waterloo

A estación de Waterloo é unha terminal de ferrocarril e metro de Londres, situada na zona de Waterloo, en Lambeth, unha das 19 estacións que xestiona a empresa Network Rail.[1] Localízase preto da marxe sur do Támese, na zona central de transportes da capital británica. A primeira construción ferroviaria nesta localización data de xullo de 1848, aínda que foi en 1922 cando se inaugurou o edificio actual. Unha parte da edificación está considerada ben arquitectónico.

Con case 100 millóns de pasaxeiros entre entradas e saídas, só entre abril de 2013 e marzo de 2014, Waterloo é a estación do Reino Unido con maior tránsito de pasaxeiros.[2] O complexo de Waterloo é a 15ª terminal ferroviaria por número de pasaxeiros de Europa,[3] e 91ª do mundo.[4] É tamén a que dispón de máis plataformas e a meirande planta de todo o Reino Unido (aínda que Clapham Junction a só 6 quilómetros, ten maior número de trens).

Waterloo é o terminal do centro de Londres para a empresa South West Trains que ofrece a maioría do servizos rexionais cara ao suroeste de Londres, Surrey, Hampshire, Dorset e parte de Berkshire. Os principais destinos son Wimbledon, Epson, Dorking, Guildford, Woking, Basingstoke, Winchester, Southampton, Salisbury, Portsmouth, Bournemouth, Weymouth e Exeter.

A London and South Western Railway inaugurou a estación o 11 de xullo de 1848 co nome de Waterloo Bridge Station ( pola ponte de Waterloo sobre o Támese) ao ampliar a súa liña desde a estación de Nine Elms. William Tite deseñou a estación que se elevaba sobre o terreo pantanoso por unha serie de arcos.[5] En 1886 converteuse oficialmente en Waterloo Station, reflectindo o uso común desde había xa tempo. No decurso do século XIX a estación sufriu varias ampliacións, en principio pensadas como temporais, converténdoa en desordenada e confusa e á fin tomouse a decisión de derruíla. En 1900 comezou a construción da nova estación, que se delongou ata 1922 e que tiña 21 plataformas e un vestíbulo de 250 metros de longo. Afectada durante a segunda guerra mundial precisou importantes traballos de restauración. En 1994 coa apertura do Eurotúnel entre Calais e Folkestone, a estación transformouse no punto de referencia británico para o tránsito ferroviario procedente da Europa continental ata o ano 2007 ao se transferir a liña Eurostar á estación de St. Pancras

  1. Commercial information Arquivado 10 de abril de 2014 en Wayback Machine., Network Rail
  2. Pigott, Nick, ed. (xuño de 2012). "Waterloo still London's busiest station". The Railway Magazine. Horncastle, Lincs. 158 (1334): 6.
  3. «Saint-Lazare Terminus des mécontents: La deuxième gare d'Europe». Le Monde, 8 de febreiro de 2009
  4. More Countries Join the New List of 100 Busiest Train Stations, Japan Still Claims 82 of Them
  5. 'York Road' Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Survey of London: volume 23: Lambeth: South Bank and Vauxhall (1951), pp. 40–44. Consultado o 27 de febreiro de 2009.