Manuel Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Rico
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Rico é un xornalista galego, nado no Bierzo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias da Información na Universidade de Navarra.

Ten traballado para diversos xornais como El Correo Gallego, El Mundo nas edicións de Galiza e País Vasco, Interviú e a revista Tiempo. Entre 1995 e 1997 foi presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.[2] En 2007, incorporouse ao equipo fundador do diario Público, onde foi xefe de Información e, en marzo de 2010, foi nomeado subdirector.[2] En 2013, pasou a formar parte do equipo fundador de InfoLibre.[1]

Destaca pola súa defensa das políticas denominadas de esquerdas[3].

Defínese como:

"Algunos dicen que hablar en términos de izquierda/derecha está desfasado (...) Pero si aceptamos esos términos, me considero de izquierdas, porque en mi opinión sabe combinar mejor los dos valores esenciales: libertad e igualdad. Y, como gallego, creo que el trabajo de algunas organizaciones nacionalistas 'periféricas' ha sido muy importante para defender culturas que algunos querían exterminar."[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Manuel Rico". infolibre.es (en castelán). Consultado o 22-12-2019. 
  2. 2,0 2,1 "Manuel Rico, nombrado subdirector de 'Público'". publico.es (en castelán). 9 de marzo de 2010. Consultado o 22-12-2019. 
  3. A liña editorial do blog de Manuel Rico
  4. Charla co xornalista Arquivado 22-05-2011 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]