Rodolfo Irago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rodolfo Irago
Nacemento1966
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Rodolfo Irago Fernández, nado en 1966 en Vigo, é un periodista galego, que desenvolveu toda a súa carreira na Cadena SER.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou periodismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar na Cadena SER en 1987 nos servizos informativos de Radio Ferrol. En 1989 incorporouse á redacción central da SER en Galicia, na emisora Radio Galicia en Santiago de Compostela. En xaneiro de 1994 foi nomeado director de informativos da SER en Galicia, cargo que ocupou ata setembro de 2000. Entón trasladouse á redacción central desta emisora en Madrid e a comezos de 2001 asumiu a subdirección de informativos da Cadena SER.

En outubro de 2004 é nomeado director de informativos da Cadena SER en substitución de Daniel Anido. Durante esta etapa os informativos da SER seguiron sendo líderes da radio en España. O 24 de febreiro de 2011 foi substituído por Antonio Hernández-Rodicio.