Saltar ao contido

Mónica García Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMónica García Prieto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Badaxoz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJulio Fuentes Serrano (–2001)
Javier Espinosa Robles Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: monicagprieto BNE: XX5640291 Dialnet: 4158212 Editar o valor en Wikidata

Mónica García Prieto, nada en Badaxoz en 1974,[1] é unha xornalista española, reporteira internacional para distintos medios de comunicación españois, recoñecida e galardoada con importantes premios xornalísticos.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

García Prieto é licenciada en Ciencias da Información, na rama de Xornalismo,[3] aínda que finalizou os dous últimos anos de carreira xa traballando en Italia[4] despois dun tempo de prácticas en distintos medios.

Ao longo de máis de vinte anos foi correspondente en Roma, Moscova, Xerusalén, Beirut e Bangkok[2] e percorreu o mundo como reporteira centrando as súas coberturas na denuncia dos abusos aos dereitos humanos en tempos de guerra e na defensa dos civís.

En 2001, traballando como reporteira para El Mundo, foi enviada a informar sobre a Guerra civil en Macedonia.[5] Traballou en varios conflitos como o levantamento zapatista de Chiapas, a Segunda guerra chechena, a guerra de Xeorxia, as invasións de Afganistán e Iraq e a guerra civil iraquí.

En 2005, cubriu os múltiples ataques contra Gaza no conflito entre Israel e Palestina e, posteriormente, a guerra do Líbano, a guerra de Siria, así como as revoltas da Primavera árabe, entre outros.[6]

Dende 2007, a súa carreira centrouse en Oriente Próximo, Asia Central e o Sueste Asiático.[2] Dende 2015, instalouse en Bangkok e traballa como correspondente freelance para El Mundo, Periodismo Humano e Cuarto Poder.[5][7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casada co reporteiro de guerra Julio Fuentes, asasinado na invasión de Afganistán de 2001.[7] A súa parella na actualidade (2018) é Javier Espinosa, xornalista que tamén estivo secuestrado en Siria durante máis de seis meses.[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • La semilla del odio. De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS xunto con Javier Espinosa.[10]
  1. 1 2 Aurelio Martín (26 de maio de 2017). "Mónica García Prieto gana el ‘Cirilo Rodríguez’ para corresponsales". Consultado o 30 de xuño de 2018.
  2. 1 2 3 4 5 Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona (ed.). "Mónica García Prieto". (con licenza CC-BY-SA vía OTRS). Consultado o 30 de xuño de 2018.
  3. 1 2 3 "La reportera Mónica García logra el Premio José Couso por su cobertura del conflicto sirio". 17 de abril de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2018.
  4. Jordi Pérez Colomer (marzo de 2018). jotdown,es, ed. "Mónica G. Prieto: «Somos primarios, somos primitivos. Somos neandertales con smartphone»". Consultado o 30 de xuño de 2018.
  5. 1 2 3 Alba, Alfonso (24 de febreiro de 2016). "Mónica García Prieto gana el IX Premio Internacional de Periodismo Julio Anguita Parrado". elmundo.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
  6. 1 2 periodismohumano.com (ed.). "Mónica García Prieto". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2018. Consultado o 30 de xuño de 2018.
  7. 1 2 Antonio J. Armero (27 de marzo de 2017). hoy.es, ed. "El periodismo en la maleta". Consultado o 30 de xuño de 2018.
  8. Cadena SER, ed. (7 de abril de 2016). "Mónica García Prieto, el periodismo notario de la Historia". Consultado o 30 de xuño de 2018.
  9. EFE (9 de maio de 2013). "Mónica García Prieto reivindica la "regeneración" del periodismo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.
  10. Sahagún, Felipe (1 de setembro de 2017). "La semilla del odio: De la invasión de Irak al surgimiento del ISIS". elcultural.com (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]