Antón Pulido Novoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Pulido Novoa
Nacemento25 de setembro de 1944
Lugar de nacementoBóveda de Amoeiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Antón Pulido Novoa, nado en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro)[1] o 25 de setembro de 1944, é un pintor e gravador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do mestre de Bóveda de Amoeiro, comezou a estudar no seminario de Ourense e logo marchou a Barcelona, onde cursou Belas Artes na especialidade de pintura e gravado. A súa primeira exposición foi no Ateneo de Ourense, en 1971, e nos anos finais desa década editou tres carpetas de gravados, tituladas «O home», «O abrazo» e «A espera» (1978, 1979 e 1981, respectivamente).

Nos anos oitenta proseguiu a súa carreira como artista en diversas exposicións colectivas, ao tempo que se convertía en profesor de ensino secundario en Vigo nos tempos de Atlántica, cidade na que se instalou. Tamén proseguiron os seus traballos como gravador e como ilustrador de libros, en especial como portadista para a editorial Ir Indo.

Foi profesor de debuxo e artes plásticas durante moitos anos no Instituto Álvaro Cunqueiro en Vigo.

Foi nomeado Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia nos primeiros oitenta, nun goberno do Partido Popular, e regresou a cargos de designación política cando se converteu no primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea en 1993, posto no que foi substituído ao ano seguinte pola crítica de arte Gloria Moure.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai do músico Antón L. Pulido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]