Ermitas Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErmitas Fernández
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Vilar de Cas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagoga , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 18988

Ermitas Fernández Fernández, nada en Vilar de Cas (Moreira, Castroverde) en 1945,[1] é unha mestra, pedagoga e profesora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomouse en Maxisterio en Lugo. Cando rematou os estudos, o seu primeiro destino como mestra foi un colexio en Vilarbuxán, Bóveda.

No ano 1968 marchou traballar a unha escola unitaria de Maderne (A Fonsagrada), na que pasou nove anos, onde impartiu clase a 52 nenos de idades diferentes nunha mesma aula. Durante ese tempo coñeceu varios mestres da Acción Católica, cuns fortes ideais innovadores, influíndo sobre o seu pensamento pedagóxico. Deste xeito, Ermitas comeza a transformar a súa clase nun espazo no que prima a liberdade, empregando fundamentalmente a conversación e o diálogo.[2]

En 1977 formou parte do arranque do programa Preescolar na Casa, co que recorreu toda Galicia. Durante os anos 80 e 90 participou en abundantes encontros e intercambios con proxectos educativos, relacionados coa infancia, a familia e o medio rural, a nivel nacional e internacional (fundamentalmente en América Latina e a Unión Europea).

No ano 2001 constitúese a Fundación Preescolar na Casa, na que Ermitas asume o cargo de directora executiva. Actualmente participa no programa AMIE (Actores Medio Rural Infancia) sendo a única das tres importantes pedagogas galegas ―María Barbeito, Antonia de la Torre e Ermitas Fernández―[3] que continúa activa. Agora, defende que a educación do ser humano non debe comezar no momento no que este nace, senón con anterioridade, e resalta tamén a importancia de educar aos futuros pais e nais para que poidan tomar conciencia do que supón ter un fillo.

Formou parte das trinta docentes máis innovadoras da escola española durante a etapa do franquismo, ata os primeiros anos do século XXI, aparecendo no ano 2004 na revista Cuadernos de Pedagogía.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2006, foi elixida polo Grupo El Correo (El Correo Gallego, Galicia Hoxe e Radio Obradoiro) como "galega do mes" polo seu papel como directora do programa "Preescolar na Casa".[1]

Forma parte da selección de educadoras senlleiras da mostra Educación en feminino, un paseo pola historia, organizado polo alumando da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Redacción (2 de outubro de 2006). "EL CORREO elige Gallega del Mes a la maestra Ermitas Fernández". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 26 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Borrajo Borrajo, Genara (2004). "Ermitas Fernández Fernández : la educación en las aldeas gallegas". Cuadernos de pedagogía. 
  3. "Tres maestras gallegas, en la élite de la renovación pedagógica- Foro por la Memoria". www.foroporlamemoria.info. Consultado o 2020-12-26. 
  4. "Estudantes de Formación do Profesorado presentan na Biblioteca Provincial ‘Un paseo pola historia da educación en feminino’". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-12-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]