Praxila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V a. C. Sición, Grecia |
Morte | século V a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, dithyrambic poet (en) , escritora |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Description of Greece (en) , (sec:3.13.5) Encyclopædia Britannica |
Praxila (en latín Praxilla, en grego antigo Πράξιλλα) foi unha poetisa lírica grega, nada en Sición, que floreceu na Olimpíada 82, arredor do -450. Foi unha das nove poetas distinguidas co epíteto de musas líricas, segundo din Suídas e a Antoloxía palatina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As súas historias eran eróticas, baseadas na antiga mitoloxía dos dorios. Lisipo de Sición fixo unha estatua de Praxila que menciona Taciano. Algunhas dos seus escolios foron considerados entre as composicións máis famosas deste tipo. Algúns autores pensan que escribiu o escolio conservado por Ateneo de Naucratis, moi popular en Atenas. Tamén compuxo ditirambos en verso heroico co uso ocasional de sistemas dactílicos, e nos que ocasionalmente aparece o hexámetro. Unha clase de versos dactílicos logaédicos (que tiñan un dáctilo máis que o alcaico) chamábase praxíleo (Πραξίλλειον) na súa honra. O verso xónico, un trímetro braquicataléctico maior, tamén tomou o seu nome[1].
Escribiu un himno a Adonis do que se conservan tres versos. Tamén un ditirambo sobre Aquiles, do que só se conserva un verso que suxire que estaba baseado en Homero. Dela recompiláronse algúns fragmentos de refráns que ela popularizara[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Praxilla a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 518
- ↑ Easterling, P. E. (ed.) (1990). Historia de la literatura clásica I: literatura griega. Madrid: Gredos. p. 269-270. ISBN 842491421X.