Poul Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Poul Anderson
Poul anderson.jpg
Nome completo Poul William Anderson
Alcume A. A. Craig
Nacemento 25 de novembro de 1926
  Bristol
Falecemento 31 de xullo de 2001
  Orinda
Causa cancro
Nacionalidade Estados Unidos de América
Etnia Danish American
Alma máter Universidade de Minnesota
Ocupación escritor, novelista, autor e escritor de ciencia ficción
Cónxuxe Karen Anderson
Fillos Astrid Anderson
Coñecido/a por The Broken Sword e Tau Zero
Premios Prometheus Award - Special Award, Premio Hugo ó mellor relato curto, Premio Hugo ó mellor relato curto, Hugo Award for Best Novelette, Nebula Award for Best Novelette, Nebula Award for Best Novelette, Locus Award for Best Short Story, Hugo Award for Best Novella, Hugo Award for Best Novelette, August Derleth Award, Hugo Award for Best Novelette, Premio Nébula de novela curta, Hugo Award for Best Novella, Edward E. Smith Memorial Award, Prometheus Award - Hall of Fame, Prometheus Award - Hall of Fame, Damon Knight Memorial Grand Master Award, Premio John W. Campbell Memorial e Prometheus Award - Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]
Poul Anderson

Poul William Anderson, nado en Bristol, Pensilvania o 25 de novembro de 1926 e falecido o 31 de xullo de 2001 dun cancro de próstata, foi un escritor de ficción científica estadounidense. Sogro de Greg Bear. Nalgunhas das súas historias utilizou o seudónimo de "A.A. Craig", "Michael Karageorge" e "Winston P. Sanders".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pais escandinavos emigrados a Estados Unidos, cursou estudos universitarios en física na Universidade de Minnesota, graduándose en 1948. Para entón xa publicara varios relatos na revista Astounding (empezara a escribir relatos de ficción científica en 1937 cando cae convalecente dunha enfermidade), o primeiro, A matter of relativity, no número de setembro de 1944. En 1947 publicou a súa primeira obra de envergadura: Tomorrow's children no Astounding de marzo, cando só contaba con 20 anos. Este relato sería un dos tres que formarían a novela postapocalíptica Twilight World.

Os beneficios obtidos de todos estes traballos levárono a tomar a decisión de dedicar "un ano sabático" consagrado a escribir. O ano sabático prolongouse ata o último momento da súa existencia.

Entre as súas primeiras novelas atópase Brain Wave. Os seus libros posteriores poden agruparse en sagas, como a serie da "The Psycho-Technic League" protagonizada por Nicholas van Rijn, a "serie Flandry" de Dominic Flandry, ou as viaxes a través do tempo de The Time Patrol que comezan no relato "The Guardians of Time".

Outras obras que non teñen nada que ver coas series anteriores, como ocorre con Tau Zero. Como autor prolífico que foi, tocou moitos dos temas habituais da ficción científica, desde as viaxes no tempo ás invasións extraterrestres, e desde as naves xeracionais ao posthumanismo.

Na súa última época escribiu unha tetraloxía que comeza con Harvest of Stars (1993).

Formou parte do círculo de escritores de John W. Campbell que configuraron a chamada idade dourada da ficción científica. Relatos seus como No Truce With Kings, The Sharing of Flesh, The Queen of Air and Darkness, Goat Song, Hunter's Moon e The Saturn Game obtiveron varios premios Hugo e Nébula na súa categoría.

Tamén escribiu algunhas novelas de fantasía, como Three Hearts and Three Lions ou The Broken Sword ou a serie "The King of Ys", e novelas policiais.

Estilo[editar | editar a fonte]

A súa formación permitiulle dotar de gran verosimilitude científica ás súas obras, o que lle conferiu o ser considerado un dos expoñentes da ficción científica dura. Con todo, non hai que desbotar a estrutura narrativa que consegue imprimir nos seus relatos, que conxugan a amenidade e o ritmo necesario para manter o interese do lector. Estas calidades destacan sobre todo nos seus contos e novelas curtas.

Obra[editar | editar a fonte]

[1]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Brain Wave (1954)
  • Non world of their own (1955)
  • Star Ways (1956, serie Psychotechnic League)
  • War of the Wing-Men (1958)
  • Virgin Planet (1959)
  • The high crusade (1960)
  • Twilight world (1961)
  • Orbit Unlimited (1961)
  • The Corridors of Time (1965)
  • Mayday orbit ou A Message in Secret (1961, serie Flandry)
  • Satan's World (1969, Psychotechnic League)
  • Mirkheim (1977, Psychotechnic League)
  • Tau Zero (1970)
  • Fire time (1974)
  • The avatar (1978)
  • The Enemy Stars (1979)
  • The Boat of a Million Years (1989)
  • Harvest of Stars (1993)
  • The Stars Are Also Fire (1994)

Compilacións de relatos[editar | editar a fonte]

  • Guardians of Time (1960)
  • The Best of Poul Anderson (1976)
  • The many worlds of Poul Anderson (1974)
  • The People of the Wind (1973)
  • Time Patrol (1991) (ampliación de Guardians of Time)
  1. "Summary Bibliography: Poul Anderson". ISFDB (en inglés). Consultado o 10 abril 2018.