Portal:Sistema Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Portal:Sistema solar»)

O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.

O Sistema Solar formouse hai uns 4 600 millóns de anos. a partir do colapso dunha nube molecular. O material residual orixinou un disco circunestelar protoplanetario no que tiveron lugar os procesos físicos que levaron á formación dos planetas. O Sistema Solar está situado no Brazo de Orión, a uns 28 000 anos luz do centro da galaxia.

Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoníaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".

O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoníaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións.

Artigo destacado

editar

Os aneis de Xúpiter son un sistema de aneis planetarios arredor do planeta Xúpiter. Foi o terceiro sistema de aneis descubertos no Sistema Solar, tras os de Saturno e Urano. Foron observados por vez primeira pola sonda Voyager 1, e estudados de novo a partir da década de 1990 polas sondas Galileo e Cassini-Huygens. Tamén foron observados en observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble ao longo dos últimos 25 anos. Os avistamentos desde a superficie da Terra esixe dos telescopios máis potentes dispoñibles.

Os aneis de Xúpiter son débiles e consisten principalmente en po espacial. Teñen catro estruturas: no interior, un groso toro de partículas coñecido como halo ou halo anel, un anel principal relativamente brillante, pero excepcionalmente fino e dous aneis de ancho, groso e débiles chamados anel difuso de Tebe e anel difuso de Amaltea polos nomes dos satélites de cuxo material están formados.

Na banda de luz visible e no infravermello próximo, os aneis mostran unha cor avermellada, excepto o halo que ten unha cor neutra ou azulada. A masa total do sistema de aneis, incluíndo os corpos non observados que xeran material para os aneis, non está exactamente determinada, pero é probable que estea no rango 1011 a 1016 kg. A idade do sistema de aneis non é coñecida pero posiblemente existan desde a formación do planeta.


c
Artigos de calidade e bos
Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados co sistema solar? Proba buscando nas seguintes categorías:

Categorías de Sistema solar

Non se atopou a categoría "Sistema Solar"
Imaxe destacada

editar

O Sol fotografado a 304 ángstroms polo Atmospheric Imaging Assembly (AIA 304) do Solar Dynamics Observatory (SDO) da NASA. Esta é unha imaxe do for falsa do Sol observada na rexión ultravioleta extrema do espectro.


Sabías que...?

editar



Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons