Saltar ao contido

Solar Dynamics Observatory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solar Dynamics Observatory / SDO
Solar Dynamics Observatory
TipoObservatorio solar
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento11 de febreiro de 2010[1][2]
Foguete portadorAtlas V[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, SLC-41[2][4]
Obxectivo da misiónObservación e estudo do Sol.[2][4]
NSSDC ID2010-005A
Masa270,0 kg[2][3][4]
Potencia1540,0 vatios[2]
Datos orbitais
Semieixo maior42.164 km[1]
Inclinación28,8 graos[1]
Apoapse35.794,5 km[1]
Periapse35.792,6 km[1]

Solar Dynamics Observatory (Observatorio da dinámica solar), tamén coñecido polo seu acrónimo SDO, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 11 de febreiro de 2010 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de SDO pertence a un conxunto de misións encadradas co programa Living With a Star da NASA. A nave estabilízase nos tres eixos apuntando ao Sol. Foi inxectada nunha órbita xeosincrónica de 28 graos de inclinación orbital. O obxectivo da misión é estudar, comprender e predicir os mecanismos de variación solar que afectan á vida na Terra e á tecnoloxía humana.[2][3]

SDO pode enviar datos á Terra a 130 Mbit/s, xerando sobre 1,5 terabytes de datos diarios.[2][3]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

SDO leva tres instrumentos a bordo:[2][3]

  • Atmospheric Imaging Assembly (AIA): toma imaxes da atmosfera solar en varias lonxitudes de onda para relacionar cambios no exterior do Sol con cambios no seu interior.
  • Extreme Ultraviolet Variability Experiment (EVE): mide as variacións na irradiancia no ultravioleta extremo do Sol segundo as variacións magnéticas solares para comprender o papel do Sol nas variacións da atmosfera da Terra.
  • Helioseismic and Magnetic Imager (HMI): o instrumento estuda a orixe da variabilidade solar mediante a análise heliosísmica do interior do Sol e magnetogramas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SDO" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (21 de marzo de 2017). "Solar Dynamics Observatory" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SDO" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2017). "SDO" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2017.