Portal:Sistema solar/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Sistema Solar:

1[editar a fonte]

Os aneis de Xúpiter son un sistema de aneis planetarios arredor do planeta Xúpiter. Foi o terceiro sistema de aneis descubertos no Sistema Solar, tras os de Saturno e Urano. Foron observados por vez primeira pola sonda Voyager 1, e estudados de novo a partir da década de 1990 polas sondas Galileo e Cassini-Huygens. Tamén foron observados en observatorios terrestres e polo Telescopio Espacial Hubble ao longo dos últimos 25 anos. Os avistamentos desde a superficie da Terra esixe dos telescopios máis potentes dispoñibles.

Os aneis de Xúpiter son débiles e consisten principalmente en po espacial. Teñen catro estruturas: no interior, un groso toro de partículas coñecido como halo ou halo anel, un anel principal relativamente brillante, pero excepcionalmente fino e dous aneis de ancho, groso e débiles chamados anel difuso de Tebe e anel difuso de Amaltea polos nomes dos satélites de cuxo material están formados.

Na banda de luz visible e no infravermello próximo, os aneis mostran unha cor avermellada, excepto o halo que ten unha cor neutra ou azulada. A masa total do sistema de aneis, incluíndo os corpos non observados que xeran material para os aneis, non está exactamente determinada, pero é probable que estea no rango 1011 a 1016 kg. A idade do sistema de aneis non é coñecida pero posiblemente existan desde a formación do planeta.


2[editar a fonte]

Esta cronoloxía do descubrimento dos planetas do sistema solar e os seus satélites naturais rexistra o progreso no descubrimento de novos corpos celestes no transcurso da historia.

Nas táboas que aparecen a continuación, os satélites indícanse en letra grosa (por exemplo Lúa), mentres que os planetas que orbitan o Sol, tanto maiores como menores, están en cursiva (por exemplo a Terra). Os cadros están ordenados segundo a data de publicación/anuncio dos descubrimentos; as devanditas datas indícanse acompañadas dos seguintes símbolos:

  • i: para a data da primeira imaxe rexistrada (fotográfica etc.);
  • o: para a data da primeira observación visual efectuada polo ser humano, xa sexa mediante un telescopio ou unha emulsión fotográfica (o verdadeiro intre do «descubrimento»);
  • p: para a data de anuncio ou publicación do descubrimento.


3[editar a fonte]

A Nube de Oort, nomeada polo astrónomo neerlandés Jan Oort e en ocasións chamada a Nube de Öpik–Oort, é unha nube teórica que estaría predominantemente composta de planetesimais volátiles que arrodearía ó Sol a unha distancia de entre as 2000 UA e as 200000 UA. A súa existencia postulouna por primeira vez o astrónomo estoniano Ernst Öpik no ano 1932. Divídese en dúas rexións: unha Nube interior de Ooort en forma de disco coñecida como Nube de Hills, e unha Nube de Oort exterior esférica. Ámbalas dúas rexións atoparíanse máis aló da heliosfera, no espazo interestelar. En comparación, o Cinto de Kuiper e o disco disperso, os outros dous depósitos de obxectos transneptunianos, atópanse a menos dunha milésima parte de distancia do Sol que a Nube de Oort.

O límite exterior da Nube de Oort define o límite cosmográfico do Sistema Solar e a extensión da esfera de Hill do Sol. A Nube exterior de Oort tería unha débil ligazón co Sistema Solar, e veríase doadamente afectada polo pulo gravitacional de estrelas próximas e da propia Vía Láctea. Estas forzas serían as que ocasionalmente extraerían cometas das súas orbitas dentro da nube, enviándoos cara o Sistema Solar interior. Baseándose nas súas órbitas, a maioría dos cometas de período curto procederían do disco disperso, máis algúns destes poderían ter a súa orixe na Nube de Oort.

Os astrónomos conxecturaron que a materia que compoñería a Nube de Oort estaría formada preto do Sol e posteriormente quedaría espallada lonxe no espazo por mor dos efectos gravitacionais dos planetas xigantes nos comezos da evolución do Sistema Solar. Malia que non se realizaron observacións directas confirmadas da Nube de Oort, considérase que esta podería ser a fonte dos cometas de período longo e de tipo Halley que se adentran no Sistema Solar, así como de moitos dos cometas centauros e da familia de Xúpiter.


4[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Sistema Solar/Artigo destacado/10