Portal:Romanía/Artigo destacado/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os artigos destacados no portal Romanía:

1[editar a fonte]

A selección de rugby de Romanía tamén coñecida como os Carballos (Stejarii), representa a Romanía nas competicións oficiais de rugby. Sempre foi un dos equipos máis fortes do continente europeo, dentro dos que non disputaban o Torneo das Seis Nacións, mais actualmente Xeorxia ese posto. Está incluído na segunda división de seleccións internacionais e ocupa o posto 17 na clasificación de seleccións da IRB. Participa habitualmente na Copa do Mundo (participou en tódalas edicións disputadas ata o momento, logrando como mellor resultado unha vitoria na fase de grupos nas edicións de 1987, 1991, 1999, 2003 e 2007), na Copa de Europa e na Super Cup.

A década dos oitenta foi o mellor período da historia da selección romanesa, cando chegou a vencer a Gales en dúas ocasións, a Escocia (ao equipo que lograra o Grand Slam de 1984) e a Francia en dúas ocasións. En 1981 perdeu fronte aos All Blacks por un axustado 14-6, a pesar de que lles foron anulados dous ensaios. Existen rumores de que nesa época foi convidada a disputar o Torneo 5 Nacións, mais supostamente a invitación foi refusada debido a que a celebración do Torneo coincidía coa parada invernal da Liga Romanesa. Porén, o rugby romanés sufriu un lixeiro retroceso nas últimas dúas décadas, coincidindo coa deterioración da política e a economía nacional.


2[editar a fonte]

A Revolución Romanesa de 1989 foi unha serie de conflitos e enfrontamentos nos derradeiros días de decembro de 1989. A conclusión deste episodio da historia de Romanía foi o final do réxime stalinista de Nicolae Ceauşescu. Os actos violentos que aconteceron en varias localidades romanesas naqueles días conduciron ao ditador ao abandono do poder e a súa fuxida de Bucarest, en compañía da súa dona, Elena Ceauşescu. Prendidos en Târgovişche, foron axuizados por un tribunal militar creado ex-profeso baixo os cargos de xenocidio, danos á economía nacional e abuso do poder para executar accións militares contra o pobo romanés. Achados culpables de tódolos cargos, foron executados o 25 de decembro de 1989. Romanía foi o único país do Bloque do Leste onde a transición dende o Estado socialista a un de mercado implicou a execución dos líderes do país.

O número total de mortes na Revolución Romanesa foi de 1.104, dos que 162 falecementos aconteceron nas protestas que puxeron punto final ao réxime de Nicolae Ceauşescu (protestas ocorridas do 16 ao 22 de decembro de 1989) e as restantes 942 nos disturbios ocorridos antes da toma do poder por parte dunha nova estrutura política, chamada Fronte de Salvación Nacional (FSN). A maioría das mortes ocorreron en cidades como Timişoara, Bucarest, Sibiu e Arade, onde as protestas acadaron magnitudes maiores. O número de feridos chegou a 3.352, dos que 1.107 corresponden ao período no que Ceauşescu aínda detentaba o poder, e os restantes 2.245 corresponden ao período posterior á toma do poder por parte da Fronte de Salvación Nacional.


3[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/3

4[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Romanía/Artigo destacado/10