Historia de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dacia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dacia

O territorio da actual Romanía estivo habitado cando menos o 513 a.C. polos getae-dacios, unha tribo tracia. Sobre o liderado de Burebista (70-44 a.C.), os dacios tornáronse nun estado poderoso que ameazaba mesmo os intereses rexionais dos romanos. Xulio César pretendía iniciar unha campaña contra os dacios, mais foi asasinado en 44 a.C. Algúns meses despois, Burebista compartillaba do mesmo destino, asasinado polos seus propios nobres. O seu poderoso estado dividiuse en catro e non se unificou de novo ata o ano 95, no reinado de Decebalus. O estado dacio mantivo unha serie de conflitos co Imperio Romano en expansión, e foi finalmente conquistado en 106 d.C. polo emperador romano Traxano, durante o reinado do rei dacio Decebalus. Diante de sucesivas invasións dos godos e cárpitas, a administración romana retirouse dous séculos máis tarde.

Romanía na Idade Media[editar | editar a fonte]

Múltiples ondas de invasións sucedéronse, como a dos eslavos no século VI, dos búlgaros e maxiares no século IX e dos tártaros no século XIII.

Creáronse moitos pequenos estados locais, mais apenas no século XIII os principados maiores de Moldavia e de Valaquia surxiron para enfrontar o perigo dunha nova ameaza, a dos turcos otomanos, que conquistaran Constantinopla en 1453. En 1541, toda a Península Balcánica e a maior parte de Hungría tornáranse provincias otomanas. Moldavia, Valaquia e Transilvania permaneceron autónomas, sobre soberanía otomana.

No século XII, a Transilvania tornouse unha parte largamente autónoma do Reino da Hungría. Os reis da Hungría convidaron ós pechenegas e cumanos da Valaquia para establecerse na Transilvania, así como os szecklers, a Orde Teutónica e os saxóns e schwabs.

No ano 1600, os principados da Valaquia, Moldavia e Transilvania foron unificados polo ban (príncipe) valaquio Mihai Viteazul, mais a unidade disolveuse despois de Mihai morrer, apenas un ano máis tarde, polos soldados dun xeneral do exército austríaco chamado Giorgio Basta.[1]

En 1699, a Transilvania tornouse unha posesión do Imperio Austríaco após da derrota dos turcos. Os austríacos, pola súa vez, expandiran rapidamente o seu imperio: en 1718, unha importante parte da Valaquia, chamada Oltenia, foi incorporada ao Imperio Austríaco e foi devolta apenas en 1739.

En 1775, o Imperio Austríaco ocupou a parte noroeste da Moldavia, posteriormente chamada de Bucovina, en canto que a parte oriental do principado (chamada Besarabia) foi ocupada en 1812 pola Rusia.

O despertar nacional da Romanía[editar | editar a fonte]

Como na maioría dos países europeos, 1848 trouxo revolución a Moldavia, Valaquia e Transilvania, anunciada por Tudor Vladimirescu e a súa tentativa con pandurs en 1821. As metas dos revolucionarios - independencia completa para os dous primeiros e emancipación nacional para o terceiro - permaneceron non realizadas, mais foron a base de evolucións subseguintes. Alén diso, o levante axudou a poboación dos tres principados a recoñecer a súa unidade lingüística e de intereses.

Pesadamente gravado e mal administrado polo Imperio Otomano, en 1859, o pobo tanto da Moldavia como da Valaquia elixiu o mesmo "domnitor" (gobernante) - Alexandry Ioan Cuza - como príncipe.

Período de entreguerras[editar | editar a fonte]

A época socialista[editar | editar a fonte]

Escudo de armas do Partido Comunista Romanés

Nese mesmo ano, foi proclamada a República Popular de Romanía e Constantin Ion Parhon asumiu o poder. En 1952, foi sucedido por Petru Groza, quen gobernou até 1958, cando lle sucedeu Gheorghe Gheorghiu-Dej. Durante o seu goberno, iniciouse un período de certa independencia con respecto á Unión Soviética e rexurdiu certo sentimento nacionalista romanés, mais atentamente vixiado polo Partido Comunista Romanés. Tras o goberno de Chivu Stoica, en 1967 asumiu a presidencia do consello de ministros Nicolae Ceauşescu. A súa desviación cara unha política personalista e autárquica ditatorial, mellorou a relación cos gobernos occidentais por promover a disolución do Pacto de Varsovia e criticar as intervencións soviéticas de Checoslovaquia e Afganistán en 1968 e 1979, respectivamente. Ademais, o nivel de vida no país era aceptable, e contaba con pleno emprego. Con todo, Ceauşescu chegou a illarse de Occidente e a copiar de Corea do Norte o culto á personalidade. Cabe sinalar que a época do socialismo en Romanía foi tamén unha época da persecución dos representantes da Igrexa Ortodoxa Romanesa (e das demais confesións), e calquera manifestación relixiosa estaba prohibida.

Na década de 1980 Ceauşescu iniciou unha política que tiña como obxectivo acabar coa débeda externa. O método foi a denominada "racionalización" (unha redución drástica) de artigos de primeira necesidade como carne, leite, ovos, auga corrente e luz eléctrica. As primeiras manifestacións anticomunistas tiveron lugar en Braşov, en 1987, sendo reprimidas. Como resposta á situación do país, estalou a Revolución romanesa de 1989 en Timişoara e, máis tarde, en Bucarest e en todas as cidades importantes, en decembro de 1989. Nicolae Ceauşescu perdera o apoio do exército e foi detido, xulgado e executado xunto á súa dona e conselleira Elena Ceauşescu, o día de Nadal. Algúns sectores ortodoxos criticaron despois a execución no día de Nadal.

Gobernantes romaneses[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Historia das fronteiras da Romanía

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stoica, Vasile (1919). The Roumanian Question: The Roumanians and their Lands. Pittsburgh: Pittsburgh Printing Company. pp. 18-19. http://www.wdl.org/en/item/7314/view/1/18/. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]