Portal:Cultura castrexa/Xacementos destacados/Arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todos os xacementos destacados no portal da cultura castrexa:

1[editar a fonte]

O castro de San Cibrao de Las, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, é un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia, e un dos catro piares da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.

A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores. Os nomes de Lambrica, Lanobriga e Lansbrica proceden de diversas lecturas que foron feitas sobre unha ara romana dedicada ao deus galaico Bandua, existente nunha casa particular na veciña parroquia de Eiras.

Polo seu tamaño pode ser comparado co de Santa Trega e coas citanias do norte de Portugal, poboamentos galaicos ou galaico-romanos da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización e as súas grandes dimensións. Entre os expoñentes máis significativos pódense citar a citania de Briteiros, o castro de Mozinho e o de Sanfíns.


2[editar a fonte]

O castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.

No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.


3[editar a fonte]

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.


4[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/4

5[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/5

6[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/6

7[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/7

8[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/8

9[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/9

10[editar a fonte]

Portal:Cultura castrexa/Xacemento destacado/10