Saltar ao contido

Ponte de Catoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte de Catoira
Catoira e Rianxo Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Datas e cronoloxía
 Fundación
1979 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Lonxitude987 m Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 País
 Atravesa
Wikidata C:Commons

A ponte de Catoira é unha infraestrutura viaria inaugurada no ano 1981. Une as provincias de Pontevedra e A Coruña a través dos concellos de Rianxo e Catoira. Está conectada coa autovía AG-11 a través da estrada AC-553, e coa autoestrada AP-9 e as estradas N-550 e PO-548 a través da EP-8001.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

É un viaduto de formigón sobre o río Ulla de 987 metros de longo. Cruza o río cun falso arco de 97 metros de luz,[1] formado por dous saíntes que xorden de puntos de apoio en terra. Na parte da provincia de Pontevedra a plataforma continua mediante vigas elevadas sobre piares ata cruzar a liña férrea entre Vilagarcía de Arousa e Padrón.

O punto medio do arco actúa como división da titularidade entre as dúas deputacións. Na parte correspondente á Deputación da Coruña a estrada emprega o código DP-7206, mentres que na parte da Deputación de Pontevedra, o código é o EP-8001.

Construción

[editar | editar a fonte]

A principios da década de 1970 xurdiu a necesidade da construción da ponte. Unha das primeiras voces foi a de Martín Gómez, alcalde de Rianxo, quen manifestou publicamente a necesidade dunha ponte que permitise cruzar o río Ulla. Xa no ano 1971 xurdiron os primeiros estudos da man do enxeñeiro de Vías e Obras da Deputación da Coruña, quen visitou a parroquia de Isorna e elixiu a zona das Torres de Oeste como a de maior viabilidade.[1] En 1972 a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto cun orzamento duns 110 millóns de pesetas (661.000 euros).[1]

O 10 de xullo de 1979 levouse a cabo o acto de recepción provisional, presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez, e mais o director xeral da Administración Local, Vicente Capdevila Cardona.[1] O público aínda tivo que esperar para cruzala ata o 25 de xullo, se ben a ponte non se inaugurou ata dous anos despois.[1]

En 2004 realizouse unha remodelación completa para solucionar o afundimento da plataforma. O proxecto incluíu a instalación dunha pasarela de madeira para peóns no lado de augas abaixo da ponte, así como a súa iluminación e a colocación de puntos de luz na calzada.[2]

A súa titularidade corresponde ás deputacións de Pontevedra e Coruña, aínda que xa teñen amosado a intención de que pase a mans da Xunta de Galicia.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Los días contados del puente de Catoira". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xuño de 2019. 
  2. Suso Souto (28 de maio de 2015). "El puente que evitó un rodeo de 23 Kms al unir Rianxo y Catoira". El Correo Gallego (en castelán). 
  3. Serxio González (1 de xuño de 2022). "La Xunta solo asumirá la titularidad del puente de Catoira si las diputaciones lo reparan". La Voz de Galicia (en castelán).