Bandeira dos selk'nam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos selk'nam
Bandeira dos selk'nam
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción2016
Cores     Marrón      Branco      Negro      Amarelo

A bandeira dos selk'nam (coñecida como Oleymweyen na lingua selk'nam),[1] é o símbolo que identifica o pobo selk'nam, un pobo indíxena orixinario da Terra do Fogo, na Arxentina e Chile.

A bandeira dos selknam serviu de inspiración para as cores do club Selknam Rugby, creado en 2019 como homenaxe a este pobo.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

A bandeira componse dun fondo dividido en dúas parte, marrón na parte superior e branca na inferior. Ten unha frecha negra que divide as dúas metades horizontalmente de esquerda a dereita, sen chegar a tocar o extremo dereito. Conta ademais con catro estrelas amarelas (a Cruz do Sur) na esquina esquerda do fondo marrón. As cores representan a Terra do Fogo, xa que o vermello son as pampas do norte e o branco os bosques nevados do sur.[1]

Bandeira da Lúa e as estrelas[editar | editar a fonte]

Bandeira do pobo selk'nam creada na misión salesiana de San Rafael.

Esta versión da bandeira selk'nam foi creada nun taller de costura a finais do século XIX por nenas e mulleres selk'nam na misión salesiana de San Rafael, na illa Dawson, en Chile. O deseño desta bandeira responde a que segundo a súa mitoloxía cando morrían convertíanse en estrelas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 facebook.com, ed. (27 de febreiro de 2020). "La bandera Selk'Nam es conocida como "Oleymweyen"". Consultado o 14 de febreiro de 2024. 
  2. S.A.P, El Mercurio (8 marzo de 2020). "La trama de cómo se formó Selknam, el primer equipo chileno de rugby profesional que hizo historia en la Súper Liga Americana | Emol.com". Emol. 
  3. Pimenta, Marcio (3 de outubro de 2023). "‘We are alive and we are here’: Chile’s lost tribe celebrates long-awaited recognition". The Guardian. Consultado o 14 de febreiro de 2024.