Saltar ao contido

Maquis (resistencia francesa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Maquis
Imaxe
 Subclase de
 Composto por
 Nome orixinal
Maquis Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
maquis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Conflito
Organizacións
 Lealdade
Datas
 Fundación / creación
1940 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios
Localización
 Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0f91w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

O maquis designa grupos de guerrilleiros que formaban parte da denominada Resistencia francesa, sendo a súa presenza particularmente activa nas zonas montañosas da Bretaña e do sur de Francia onde fustrigaron as forzas do réxime de Vichy e a Wehrmacht do Terceiro Reich.

En España é o nome xenérico adoptado pola historiografía, polo que se coñecen os grupos armados clandestinos que practicaron as técnicas de combate de guerrilla especialmente no medio rural e natural, como bosques ou zonas montañosas, durante a guerra civil española e a posguerra española, provenientes moitos deles do maquis francés.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra orixinal deriva dun tipo de ecosistema mediterráneo presente no sueste de Francia, a maquia (en francés maquis), cuberto de matogueiras.[1] Este foi, precisamente, o tipo de terreo no que a resistencia armada atopou asilo. Os membros do escuadrón recibían o nome de maquisards. Finalmente, o termo converteuse nun honorífico que significaba "combatente de resistencia armada". Os maquis pasaron a simbolizar a resistencia francesa.

  1. Online Etymology Dictionary. ""Definición de maquis"". Consultado o 14 de decembro de 2007.  por Dictionary.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]