Xel
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Un xel[1] (do lat. gelu- conxelar, frío, xeo ou gelatus- conxelado, inmóbil) é un material aparentemente continuo, como xelea, que forma unha solución coloidal. Aínda que se poidan considerar como líquidos, con todo compórtanse como sólidos. Un exemplo é a xelatina.
Moitos xeles presentan tixotropía - tórnanse fluídos cando se axitan, mais re-solidifícanse ao repousar.
Substituíndo o líquido por gas é posíbel preparar aeroxeles, materiais con propiedades excepcionais tales como unha densidade moi baixa e un illamento térmico excelente.
Aplicacións[editar | editar a fonte]
Moitas substancias poden formar xeles cando se engade á súa fórmula un espesante apropiado ou un axente xelificante. Esta aproximación é común na fabricación de produtos a larga escala, desde alimentos ás pinturas e adhesivos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xel.
|
|