Pilar Buela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1966 (58 anos) Calo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario, escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
María Pilar Buela Piedra, nada en Calo (Teo) o 4 de maio de 1966,[1] é unha escritora e profesora universitaria galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os estudos de Primaria no Colexio Público A Igrexa e entre os anos 1980-1984 fixo o bacharelato no IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela (1984-1989). Realizou un Curso de Posgrao en Alteracións da Audición e Linguaxe (UDC, 2002) e o mestrado universitario de investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario (USC, 2012).
Desempeñou o seu labor como docente no IES Ramón María Aller Ulloa (1991-1999), no IES de Valga (1999-2021) e no IES de Brión dende o ano 2022.
Dende o 2008 é catedrática de Lingua galega e literatura; foi profesora relatora do Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP); foi mestra asociada na USC no Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura e das Ciencias Sociais (Facultade de Ciencias da Educación) e, profesora do Curso de formación de profesores de galego (CELGA). Tamén é autora de libros de texto[2] e imparte clases de Didáctica da Lingua e a Literatura galegas na USC[3].
Colaborou na coordenación de grupos de traballo sobre diferentes temáticas como: materiais de aula para diversificación curricular, novas tecnoloxías nas aulas, innovación educativa, tratamento integrado de linguas etc. Participou como relatora en moitas actividades dependentes dos CEFORES sobre temáticas como a atención á diversidade, bibliotecas escolares, competencia lingüística, elaboración de materiais didácticos etc. Tamén foi redactora do currículo de bacharelato e participou na pilotaxe do Portfolio Europeo das Linguas en Galicia. Ademais, colaborou no ICE da USC en varias investigacións.
No plano literario, en 2016 era autora dunha única obra: Ácaros verdes (Sotelo Blanco Edicións, 2003), merecedora do Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey[4] e do Premio Arcebispo Xoán de San Clemente. Foi traducida ao castelán.[5] O texto utilizouse en 2020 para a gravación da curta Eva do director Teo Abad.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Técnicas de expresión escrita, Edicións Xerais de Galicia, 2000.
- “A tecnoloxía informática e o ensino de linguas”, Actas do VIII Conferencia internacional de Linguas Minoritarias, Xunta de Galicia, 2001.
- “Ordenadores na clase de lingua?”, A Lingua e a literatura: algúns aspectos didácticos, Instituto de Ciencias da Educación, 2002.
- Situación do ensino da lingua e da literatura galega na educación secundaria obrigatoria, Consello da Cultura Galega, 2008.
- “O ensino da lingua e da literatura galega na ESO”, Revista Galega de Educación nº41, 2008.
- “Xogas á literatura?”, Revista Galega de Educación, n.º 43, 2009.
- Avaliación da competencia do alumnado de 4º ESO nos idiomas galego e castelán, USC, 2010.
- “A construción da cidadanía na sociedade de información: o papel da educación escolar e das políticas locais”, III Congreso internacional A fenda dixital: TIC, escola e desenvolvemento local, Escola Superior de Educaçao Paula Frassinetti, 2012.
- “Trouleando: un proxecto ao redor das variedades dialectais da lingua galega”, EDUGA nº79, 2020
- “Hai rúas nas aldeas? Unha experiencia didáctica no concello de Valga”, Estudos de onomástica galega IV. O nome das rúas, 2020.
Publicacións en liña
[editar | editar a fonte]- CELGA 3, Xeral de Política Lingüística, 2008
- E ti de onde vés sendo?, repositorio Abalar, ano 2015
- Trouleando: bloque occidental, repositorio Abalar, ano 2017
- Trouleando: bloque oriental, repositorio Abalar, ano 2017
- Trouleando: bloque central, repositorio Abalar, ano 2017
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2003.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2005.
- Varios premios por Innovación Educativa [Cómpre clarificar]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía en Letra de dona Arquivado 03 de xuño de 2016 en Wayback Machine. (en catalán)
- ↑ TECNICAS DE EXPRESION ESCRITA: 3/4 ESO. BUELA PIEDRA, Pilar.
- ↑ Horario lectivo na páxina web da USC.
- ↑ Pilar Buela Piedra gana el premio de novela corta Manuel Lueiro Rey Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 22 de novembro de 2003 (en castelán).
- ↑ "Ácaros verdes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-28.
- ↑ [1] en YouTube.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista á autora en Café Barbantia.